"Atreo" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • Cheiro que resulta apestoso e desagradable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rei de Micenas, cabeza da liñaxe dos atridas, pai de Agamemnon, Menelao e Plístenes. Os seus atroces delitos orixinaron o destino aciago dos atridas, familia sobre a que pesaba a maldición de Tántalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado por Heinrich Schliemann a unha tumba do período micénico atopada na área da acrópole de Micenas. A tumba, tipoloxicamente un tholos, consta dun longo pasadizo recto semisoterrado que conduce a unha gran sala circular cuberta cunha falsa bóveda. De xeito acobadado, cara á dereita segundo se penetra na anterior, ábrese outra sala menor e cuadrangular, posiblemente onde se efectuou a deposición do cadáver ou dos cadáveres. Non está demostrado que, en efecto, a tumba sexa a de Atreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘roubo’.

    VER O DETALLE DO TERMO