"Aube" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 24.

  • DEPARTAMENTOS

    Departamento da Champaña, Francia (6.004 km2; 293.155 h [1995]). A capital é Troyes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anisaldehido sintético.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Empezou a súa carreira literaria publicando traducións do inglés e do francés en El Diario de la Habana. Moitas das súas obras, entre as que destacan Mauricio (1845), Úrsula (1848) e Una venganza (1850), apareceron como folletíns dominicais no Diario de la Marina. Asinaba co pseudónimo de Felicia. Escribiu os ensaios Luisa Siged e La Mujer Ilustradora, reivindicando unha educación sistemática para a muller e o voto feminino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Director do Conservatorio de París (1842) e mestre de capela de Napoleón III (1857), escribiu algunhas obras de música de cámara, pero distinguiuse sobre todo polas óperas cómicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor suízo. Expresionista lírico, de pintura plana e feita de pinceladas sobre un arabesco de tipo construtivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e violinista. Foi violín primeiro na Ópera de París (1728-1752). Escribiu óperas, ballets e unha gran cantidade de música instrumental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e crítico musical, discípulo de Albert Lavignac e de Gabriel Fauré. Escribiu, entre outras obras, a ópera La Forêt Bleue (O bosque azul, 1909), o ballet La Belle Hélène (A bela Helena, 1955) e o poema sinfónico Habanera (1918).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo e historiador de arte. Autor de numerosas obras sobre a arte románica e gótica francesa como La sculpture française au Moyen Áge (A escultura francesa na Idade Media, 1947) e sobre a arte catalá coa obra L’art de la Catalogne (A arte de Catalunya, 1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento de Seine-Saint Denis, Ille-de-France, Francia, na aglomeración urbana de París (67.557 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta épico francés. É autor do poema en decasílabos Aymeri de Narbonme, e da clasificación dos poemas épicos en tres ciclos: o da geste du roi, o da geste de Doon de Mayence e o da geste de Garind Monglane.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta indio en dialecto braj-bhākhā, autor do Satsaīya (Setecentos, 1663), escolma de poemas profanos escritos en dísticos que tratan os amores de K ṛ i ṣ hna e Rādhā.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xesuíta francés. Foi reitor do colexio dos xesuítas en Estrasburgo e destacou como predicador. No 1700 foi designado confesor de Filipe V polo seu avó Luís XIV. Interveu nos asuntos políticos do reino ata que caeu en desgraza fronte ao partido da princesa dos Ursinos e tivo que volver a Francia (1705). Exerceu novamente como confesor real dende 1716 ata a súa morte, suceso vinculado cunha intriga na que participou o rexente francés, o duque de Orléans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista francés. Colaborou con Georges-Louis Leclerc, conde de Buffon, nas descricións anatómicas de mamíferos da Histoire naturelle (Historia natural, 1749-1804) e interveu en diferentes intentos de aclimatación de animais domésticos exóticos en Francia. Foi o primeiro director e catedrático de Mineraloxía do Muséum National d’Histoire Naturelle.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro director de Galicia. Traballou nos planos de La Malagueta, praia urbana de Málaga (1721) e en 1737 elaborou un informe sobre a construción do templo dos xesuítas da Coruña realizado por Fernando de Casas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista francés. Instalado en París, empezou os estudios de dereito pero non os finalizou e dedicouse de cheo á literatura. Enmarcado na escola realista, a publicación de Madame Bovary (1857), reflexo da sociedade provinciana de mediados do XIX, foi todo un acontecemento literario e tamén un escándalo social que o levou aos tribunais acusado de publicar contidos inmorais. Así mesmo, publicou Salammbô (1862), L’Éducation sentimentale (1869), Trois contes (1877), Bouvard et Pécuchet (1881), Correspondance (1887-1893) e Ditionnaire des idées reçues (1911).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Alquimista alemán. Pódese considerar en función da numerosa bibliografía que elaborou (Furni novi philosophici, Miraculum Mundi, etc) coma unha ponte entre a antiga tradición alquímica e a nova teoría química que comezaba a facerse camiño. Traballou na formación de sales e descubriu o sal mirabile ou sal de Glauber [NaSO4·10H6O]. Obtivo mediante técnicas de laboratorio numerosas substancias cun alto grao de pureza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfato de calcio e de sodio, de fórmula Na2Ca(SO4)2. Cristaliza no sistema monoclínico. Preséntase en agregados en forma de ril, incoloros, pero tamén pode ser branco, gris, amarelo e rosado; é fráxil e de brillo vítreo e sabor salgado. A densidade é de 2,7-2,8 e ten unha dureza de 2,5.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, crítico literario e director teatral. Seguidor de Heine, na súa produción teatral salienta a influencia de Schiller, sobre todo en Die Karlschüler (Os discípulos de Karl, 1846) e Graf Essex (O conde de Essex, 1856).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Timor Oriental ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Timor Oriental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e diplomático. Foi embaixador de España en Israel (1996) e representante especial da UE para o proceso da paz do Próximo Oriente (1996-2003). Foi nomeado ministro de Asuntos Exteriores en 2004. Escribiu European Union-Middle East: Developing Societies for Peace: distinguished Lecture (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO