"Audran" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
FAMILIAS
Familia de gravadores, pintores e tapiceiros franceses dos ss XVII-XVIII. De entre os seus membros destacan: Claude II Audran (Lyon 1639 - París 1684), pintor e colaborador de Charles Lebrun na ornamentación do Louvre e de Versalles; Gerard II Audran (Lyon 1640 - París 1703), gravador de Luís XIV no taller dos Gobelinos, que realizou reproducións a buril con moita precisión e finura; Claude III Audran (Lyon 1658 - París 1734), pintor de arabescos que contribuíu en boa medida á creación do estilo ornamental do s XVIII e que traballou na decoración dos palacios reais; e Benoit II Audran (París 1698 - 1772), gravador, intérprete das obras de Watteau.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz de cine francesa. O realizador Claude Chabrol, o seu marido desde 1964, dirixiuna en 19 películas. Traballou tamén en Le signe du Lion (O signo de León, 1959) de E. Rohmer e Le charme discret de la bourgeoisie (O encanto discreto da burguesía, 1972) de Luis Buñuel, entre outras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Paul Émile Lecoq de Boisbaudran.
-
PERSOEIRO
Químico francés. Colaborou no establecemento dos fundamentos da análise espectroscópica. Descubriu o samario, o galio o holmio e mailo disprosio, e considérase un dos fundadores da electroscopia. É autor de Spectres lumineux destinés aux recherches de chimie minérale (1874).
VER O DETALLE DO TERMO