Revista gratuíta en galego editada en marzo de 1985 polo Vicerrectorado de Estudiantes e Actividades Culturais da Universidade de Santiago de Compostela, que desapareceu en maio dese ano. Coordinada por Marita Otero, contou coa colaboración de Chus Fernández, Pedro Rubliz, A. L. Loureiro, M. Veiga, Carlota Eiros e Fernando R. Tato. Incluíronse textos de Suso de Toro, Miguel Anxo Murado e Chiño Casas, xunto con artigos sobre revistas, novidades narrativas, deportes e actividades culturais; música, cine e teatro. Amais, abundantes ilustracións, cómics, fotografías e debuxos. Continúa en Aula Aberta (1986).
Folla informativa estudantil editada en Santiago de Compostela en outubro-decembro de 1986, subtitulada “Vicerrectorado de Estudiantes y Actividades Culturales”. Incluía información sobre cine e outras actividades culturais.