"Avellino" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Avellino, na Campania, Italia (56.072 [1997]). Centro industrial (refinería de xofre, destilerías de alcohol). A antiga Abellinum dos irpinos, colonia romana situada a uns 3 Km da localidade actual, foi disputada polos longobardos e os bizantinos (ss IX e X). Pasou por diversos señores feudais como os condes de Conversano, de Catanzaro e de Aquila. Pasou a mans despois dos Baus e dos Filangieri (1381-1418). A pesar da concesión do condado de Avellino, a señoría efectiva pasou aos Caracciolo, que foron príncipes de Avellino desde 1589 ata 1844. Foi o berce da revolución liberal napolitana de 1820.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da Campania, Italia (2.792 km2; 441.784 h [1997]). A capital é Avellino.

    VER O DETALLE DO TERMO