"Avito" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • Antropónimo procedente do latín avitus ‘relativo ao avó’, ‘que vén dos avós’, derivado de avus ‘avó’. Na Gallaecia do s V houbo dous parentes antipriscilianistas de nome Avito. Un deles foi presbítero de Braga e, no ano 410, peregrinou a Xerusalén dende onde lle escribiu ao bispo de Braga Balconio anunciando que enviaba reliquias de santo Estevo. En Xerusalén leu a Oríxenes e, á súa volta a Gallaecia, predicou o Orixenismo a pesar de ter discutido con san Xerome sobre os erros e perigos desta doutrina. O segundo Avito viaxou a Roma, onde estudiou a Mario Victorino; cando volveu, o seu familiar introduciuno no Orixenismo. No santoral figuran dous Avitos, un bispo e outro presbítero de Clermont (Francia); a festividade do primeiro celébrase o 5 de febreiro e, a do segundo, o 17 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emperador romano de Occidente (455-456). Ao morrer Petronio Máximo (455) foi elixido polos visigodos para dirixir a loita contra os vándalos, que se estableceran no norte de África. Ao non ter éxito a súa procura de axuda no Imperio Romano de Oriente, foi deposto polos visigodos no 456.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Bispo da Viena do Delfinado, contribuíu á conversión de Sexismundo de Borgoña (490), que foi quen no 516 fixo do Catolicismo a relixión oficial do seu Reino. A súa festividade celébrase o 5 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partícula que transmite a interacción gravitacional.

    VER O DETALLE DO TERMO