"Aw" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 264.

  • PERSOEIRO

    Fundador da doutrina musulmá chamada badawismo. Os seus fieis, que se distinguen polo seu turbante vermello, considérano un taumaturgo e un dos grandes awliyā do Islam.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abū-l-Qāsim al- Zahrawī .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro prestixioso e especializado en arte da rede Internet. Creado no ano 1995 e patrocinado dende un principio por France Telecom, inclúe obras xa clásicas deste xénero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da illa de Honshū, Xapón, que despois de recibir o emisario do lago Inawashiro desemboca no mar do Xapón, ao O de Niigata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e enxeñeiro norteamericano. Especialista no cálculo automático e o procesamento de datos. No 1944 inventou e construíu a calculadora dixital máis grande do mundo, programable e precursora das computadoras actuais, que posteriormente perfeccionaría (1947).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Mizoram, na India, ao NL do país (155.240 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Contista e novelista xaponés, de tendencia realista. Deuse a coñecer co conto Rashōmon (1915), que foi seguido, entre outros, de Hōkyōnin no shi (A morte dunha cristiá, 1918), Aru ahō no isshō (A vida dun bendito, 1923) e, o máis popular, a fabula satírica Kappa (1927), que zumega unha visión pesimista da crise cultural xaponesa nos principios do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico de arte británico. Interesado no estudo da linguaxe creada polos medios de masas, foi o primeiro en darlle importancia ao repertorio formal da sinalización, aos cómics e á publicidade. Creador da expresión pop-art.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral polaco. Foi prisioneiro dos soviéticos entre 1939 e 1941. En virtude do acordo soviético-polaco foi, durante a Segunda Guerra Mundial, Comandante en Xefe das tropas polacas e combateu contra Rommel no N de África (1942) e en Italia (Cassino, 1943). Escribiu unhas memorias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liga Anti-Lei do Cereal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Hokkaido, na illa do mesmo nome, Xapón (360.568 h [1995]). Situada á beira do río Isnikar, é un centro agrícola e industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Especializouse no estudo da linguaxe ordinaria ao considerar que desentrañar as falacias é previo a calquera filosofía rigorosa. A súa obra está reunida en Philosophical Paper (Documento de filosofía, 1961), Sense and Sensibilia (Sentido e sentimento, 1962), How to do Things with Words (Cómo facer cousas con palabras, 1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta persa. É autor de numerosas poesías, dunha colección de dez epístolas eróticas e dun longo poema que trata cuestións de mística e moral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de avión dotado dos máis complexos sistemas de detección por radar. O modelo Boeing 707-320B pode detectar, dende 10.000 m de altitude, aeronaves e mísiles nun radio de 400-500 km. É moi efectivo para a detección de mísiles de tipo cruise. Modelos similares son o E-26 HawReye británico e o Tu-126 soviético.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río do altiplano de Etiopia. Nace ao O de Addis Abeba e, despois de pasar pola localidade de Awash, desauga no lago Abbe, logo dun percorrido de 800 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago de Escocia, en Gran Bretaña, de 40 km de lonxitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Linguaxe de programación para explorar aqueles arquivos de texto e liñas de proceso que coincidan con modelos particulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político nixeriano. No 1950 fundou o Action Group, partido ioruba de tendencia socialista. Primeiro Ministro de Nixeria occidental (1954-1959), estivo preso durante o período 1963-1966. Responsable do ministerio de Finanzas (1967-1971), foi líder do Partido da Unidade de Nixeria, e candidato á presidencia no 1979 e no 1983, ano no que, a raíz do golpe de estado de M. Buhari, foi retirado da vida política. Escribiu Path to Nigerian Freedom (Camiño á liberdade nixeriana).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ganés en lingua inglesa. A súa obra nútrese da rica tradición oral e folclórica africana. Destaca en poesía o volume Rediscovery (Redescuberta, 1964), en teatro Ancestral Power (Poder ancestral, 1972) e as novelas This Earth, My Brother (Esta terra, meu irmán, 1971), The House by the Sea (A casa á beira do mar, 1978) e Comes the Voyage at Last (Por fin chega a viaxe, 1991).

    VER O DETALLE DO TERMO