"Ayala" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 11.

  • PERSOEIRO

    Militar. Oitavo conde de Oropesa (1621), marqués de Jarandilla e de Villar, e conde consorte de Alcaudete. Lugartenente de València (1645-1650), durante o seu mandato celebrouse a derradeira Corte Xeral do Reino de València (1645). Posteriormente foi Vicerrei de Sardeña (1650-1651), e dende 1651, Embaixador en Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio do extremo NO do territorio de Araba, Euskadi, drenado polo río Nervión (2.008 h [1996]). Economía de base gandeira (bovina, ovina e avícola).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe vasca. O Rei Sancho o Nobre de Navarra concedeulle o señorío de Ayala, en Araba, ao infante Vela, fillo de Sancho Ramírez de Aragón. A partir dese momento os descendentes adoptaron por apelido o nome de Ayala. O apelido espallouse por diversas rexións españolas e unha rama pasou mesmo a Cuba. As armas da rama galega, estirpe á que pertenceu o primeiro conde de Urbana, Federico de Amores e Ayala, levan en campo de prata, dous lobos de sable, postos un sobre o outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico arxentino. Comezou dirixindo curtametraxes, logo confirmou o seu labor e o seu traballo de realización cos filmes El jefe (1958) e El candidato (1959), baseados nos guións de David Vinas, cos que obtivo un enorme éxito. Dirixiu tamén Ayer fue primavera (1954), En mi casa mando yo (1967), Los médicos (1978) e Dios los cría (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista, ensaísta e sociólogo. Pertenceu ao grupo da Revista de Occidente. Desta época son as novelas Tragicomedia de un hombre sin espíritu (1925) e Medusa artificial (1930). Exiliouse na Arxentina (1939-1944) e, durante o peronismo, en Porto Rico e México. No exilio derivou cara a unha literatura de preocupacións éticas e converteuse nun dos novelistas fundamentais no tratamento da Guerra Civil española. No ano 1961 volveu ao estado español e publicou: Obras narrativas completas (1969) e El jardín de las delicias (1971). Membro da Real Academia de la Lengua Española, foi galardoado cos premios Nacional de Literatura (1983) e Cervantes (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor de Ciencias Biolóxicas e de Filosofía na Universidade de California (campus de Irvine). Discípulo de Dobzhansky, a súa traxectoria científica levouno a identificar diversos modelos de especiación non descritos con anterioridade. É autor de máis de 500 artigos de xenética, ecoloxía, evolución e filosofía da ciencia. As súas obras máis importantes son: Evolución (1980), Origen y evolución del hombre (1980), La evolución en acción (1983), Estudios sobre Filosofía de la Biología (1983), Genética moderna (1984), La naturaleza inacabada (1987) e La teoría de la evolución (1994). Así mesmo, é membro do Comité de Asesores de Ciencia e Tecnoloxía do Presidente dos EE UU, William J. Clinton; tamén pertence a numerosas academias científicas e preside a Asociación Americana para o Avance da Ciencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte, marqués de Lozoya. Foi catedrático de Historia da Arte nas universidades de València, Madrid e Navarra, director xeral de Bellas Artes (1939-1951), director da Academia Española de Bellas Artes en Roma (1952-1957) e presidente da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1972-1978). Colaborou co Anuario Brigantino, onde publicou o discurso “De los juegos florales de 1946” (1951) e nos libros Santiago en España, Europa y América (1971) e Coruña, paraíso del turismo (1973). Escribiu, entre outras obras, Historia del arte hispánico (1931-1942), Santiago Apóstol: Patrón de las Españas (1940), Santiago de Compostela: la catedral. Historia, arquitectura, arte, devoción, peregrinación (1965), Sotomayor (1968) e Historia de España (1969-1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e dramaturgo. Conservador, foi ministro de Ultramar (1868-1872 e 1874-1877) e presidente do Congreso de los Diputados durante o reinado de Afonso XII. O seu teatro comprende unha primeira etapa romántica, con Los dos Guzmanes (1851) e Rioja (1854) e unha segunda etapa denominada alta comedia que agrupa as pezas de ambientación burguesa e tendencia moralizadora, como El tejado de vidrio (1856), El nuevo don Juan (1863) e Consuelo (1870).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador, político e poeta. Durante o reinado de Pedro I de Castela participou nas loitas civís entre este e o seu irmán Enrique de Trastámara e foi alcalde de Toledo. Foi chanceler durante o reinado de Enrique II de Castela. Na Batalla de Aljubarrota en 1385 capturárono os portugueses. Durante a súa catividade escribiu Rimado de palacio, de carácter didáctico-moral. Liberado, participou de novo nos asuntos de goberno e foi embaixador en Francia. Escribiu Crónicas de los reyes de Castilla, que comprende os reinados de Pedro I, Enrique II, Xoán I e unha parte do reinado de Enrique III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e poeta. Embaixador da República en Londres (1931-1936) e discípulo de Leopoldo Alas Clarín, a súa obra poética, modernista, en La paz del sendero (1904), converteuse en ideolóxica e conceptual a partir de El sendero innumerable (1916). As súas primeiras novelas foron realistas e con trazos autobiográficos, como A.M.D.G. (1910). Con Belarmino e Apolonio (1921) comezou unha nova etapa en que dominou o intelectualismo. Destacan tamén a súa novela en dous volumes Luna de miel, luna de hiel/Los trabajos de Urbano y Simona (1923), o libro de poemas El sendero andante (1921), e os ensaios Hermann encadenado. Libro del espíritu y del arte italiano (1917), Política y toros (1918) e Fábulas y ciudades (1961). Recibiu o Premio Nacional de Literatura (1927) e foi membro da Real Academia Española (1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Trasladouse a España en 1961 e creou en Cuenca o Museo de Arte Abstracta, o primeiro destas características. Cultivou a pintura, o debuxo, o gravado e a fotografía. A súa obra pictórica de madurez é afín á dos artistas abstractos españois da década de 1960.

    VER O DETALLE DO TERMO