"Azúmara" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
AFLUENTES
Afluente pola esquerda do Miño. Nace na parroquia de Montecubeiro (concello de Castroverde) na confluencia dos regos que baixan das serras de Monciro, ao O, e do Mirador, ao L. Adopta un curso de dirección SSL-NNO e recibe o río Pol na parroquia de Silva (Pol). Pasa pola vila de Castro de Rei e desemboca no Miño na parroquia de Coea (Castro de Rei) logo dun percorrido duns 25 km.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arquiprestado da diócese de Mondoñedo-Ferrol, que inclúe as parroquias de Graña, Moncelos e Vilarente (do concello de Abadín), a de Muimenta (Cospeito), as de Ferreiros e a de Silva (Pol), as de Ansemar, Azúmara, Balmonte, Bazar, Castro de Rei, Coea, Goberno, Outeiro, Pacios, Prevesos, Quintela, Ramil, Santa Leocadia e Viladonga (Castro de Rei) e todas as do concello da Pastoriza agás as de Aguarda e Álvare.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Castro de Rei baixo a advocación de san Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO