"Azimut" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

      1. Arco do horizonte contado desde o punto cardinal N ou S ata a vertical do astro.

      2. acimut astronómico

        Arco do horizonte que vai desde o punto cardinal N, para o observador situado no hemisferio sur, ata a vertical do astro. Compútase de 0° a 180°. Recibe o nome de oriental, se o astro está situado no L do meridiano do observador, e occidental, se está situado no O deste meridiano.

      3. acimut náutico

        Arco do horizonte, computado desde o N e cara ao L ata a vertical do astro. Compútase de 0° a 360°.

      4. acimut náutico por cuadrantes

        Arco do horizonte computado desde o punto cardinal N ou S ata a vertical do astro. Compútase de 0° a 90°. O punto de orixe e a dirección indícanse coas letras representativas de cada un dos puntos cardinais.

    1. No rexistro de sinais eléctricos sobre cinta magnética, ángulo que forma o entreferro da cabeza de rexistro ou de reprodución coa perpendicular á dirección de avance da cinta magnética.

    2. Fixados unha antena determinada e un punto calquera, ángulo formado entre a dirección desde este punto ata a antena e a dirección do meridiano.

    3. Ángulo comprendido nun plano horizontal, formado por un plano visual que pasa por un punto e unha dirección fixa; esta dirección é a determinada polo radio do círculo graduado do goniómetro, que pasa pola orixe deste círculo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín aparecido en Pontevedra a comezos dos anos oitenta do s XX, de tendencia anarcosindicalista (CNT-AIT). Subtitulábase “Portavoz de la Federación Local de Pontevedra”.

    VER O DETALLE DO TERMO