"BOD" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 68.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especie de buxaina, sen punta de metal, que se fai bailar golpeándoa cun látego pequeno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proba para determinar a polución orgánica da auga. Indica (en g/m3) o volume de osíxeno requirido por unha mostra incubada a 20°C, na escuridade e durante cinco días; o osíxeno consumido equivale á cantidade de materia orgánica presente na mostra estudiada.
-
-
Cerimonia en que dúas persoas contraen matrimonio.
-
-
Festa conque se celebra un casamento.
-
vodas de diamante
Celebración do sesaxésimo aniversario dunha voda ou doutro acontecemento.
-
vodas de ouro
Celebración do quincuaxésimo aniversario dunha voda ou doutro acontecemento.
-
vodas de platino
Celebración do septuaxésimo quinto anivesario dunha voda ou doutro acontecemento.
-
vodas de prata
Celebración do vixésimo quinto aniversario dunha voda ou doutro acontecemento.
-
-
-
PERSOEIRO
Actor. Comezou a súa carreira artística na radio de Caracas para debutar máis tarde no teatro, no cine e na televisión. Chegou a España a finais dos anos corenta e acadou o posto de primeiro actor na compañía do Teatro Nacional María Guerrero. Participou nos filmes: Alhucemas (1947), Agustina de Aragón (1950), Tres eran tres (1954), Hoy como ayer (1965), Aventura en las Islas Cíes (1966), Volver a empezar (1981), La Colmena (1982), Últimas tardes con Teresa (1983) e El último kamikaze (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vila de Cruces baixo a advocación de san Mamede.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Macho cabrío.
-
Odre inflado.
-
Persoa moi gorda e baixa.
-
-
PERSOEIRO
Pedagogo norteamericano. É autor de Modern Educational Theories (Teorías educacionais modernas, 1927), onde destaca a importancia da visión social do educador. O seu libro Confliting Psychologies of Learning (Psicoloxías conflitivas de aprendizaxe, 1929) constitúe a primeira síntese sobre as teorías modernas da aprendizaxe, nas que se opón ao Condutismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Representación gráfica do beneficio en función da fase, en escalas logarítmicas, da transmitancia dun servosistema.
-
PERSOEIRO
Astrónomo. No ano 1774 fundou o Berliner Astronomisches Jahrbuch, e no 1786 foi nomeado director do observatorio astronómico de Berlín. Difundiu a lei de Titius-Bode. A súa obra principal, Uranographie (1801), é o primeiro atlas celeste que cataloga 17.240 estrelas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que tamén é coñecida a lei de Titius-Bode.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo das xergas dos albaneis e dos telleiros que corresponde á voz ‘punta’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘punzón’.
-
-
Lugar fresco da casa, xeralmente o soto ou unha construción adxacente, no que se garda o viño.
-
Establecemento que elabora viño e se encarga da súa distribución comercial.
-
Local no que se consomen viños.
-
Lugar situado entre os costados e o fondo da embarcación destinado á carga. É un espazo que ten pouca importancia para as embarcacións deportivas ou de lecer, xa que nelas só se almacenan algunhas cousas que non se estragan coa humidade que pode filtrarse.
-
-
PERSOEIRO
Navegante. Descubriu a baía que leva o seu nome e a illa de Vancouver, no Pacífico. É autor dunha Carta geográfica de la costa occidental de la California (1789).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Casa terreña, ordinariamente sen sobrado de madeira, na que se vive sen reunir as mínimas condicións hixiénicas.
-
Local no que as xentes da aldea teñen as súas reunións nocturnas de traballo ou diversión.
-
Pequeno depósito ou cuarto para meter as patacas miúdas.
-
-
-
Mesón ou casa de comidas.
-
Anuncio composto por unha única imaxe do produto. Este tipo de anuncios utilízanse para artigos moi coñecidos nos que aparece unha clara identificación da marca, normalmente acompañada polo logotipo do fabricante. En termos técnicos, o bodegón final coñécese co nome en inglés de pack shot.
-
No campo da fotografía, imaxe en primeiro plano do obxecto que se quere fotografar.
-
Representación pictórica de obxectos inanimados como viandas, froitos, libros, instrumentos musicais, utensilios ou animais mortos procedentes da caza. O tema representado non ten importancia en si mesmo, é un pretexto para practicar a composición e a representación dos motivos e detalles. As primeiras representacións de naturezas mortas atópanse nos mosaicos e pinturas romanas, temática que se recuperou na Idade Media coa representación de escenas sagradas, como nas obras de Giotto. No s XV os artistas flamengos dotaron aos obxectos de connotacións relixiosas e simbólicas. O verdadeiro bodegón, sen ningunha connotación, naceu na Italia do s XVI, e considérase a obra de Iacopo de Barbari A perdiz, que representa unha perdiz morta e un par de manoplas, como o primeiro bodegón. Este tipo de representacións recibiu os nomes de cose naturali (cousas naturais), cose picole (cousas pequenas), still-leven (vida silenciosa), natureza morta e no s XVII en España...
-
-
-
Persoa que ten unha bodega ou que comercia con viños.
-
Persoa que frecuenta moito as bodegas.
-
Persoa moi pobre que vive nun bodego e que non posúe gando vacún.
-
Encargado da bodega dun barco.
-
-
PERSOEIRO
Escritor francés. É autor de Le jeu de saint Nicolas (O exercicio de san Nicolás, 1200?) e da canción de xesta Chanson de Saïsnes (Canción de Saïsnes, 1202?).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conca endorreica do Chad, ao NO do lago Chad (160 m alt), coñecida tamén como depresión de Djourab. Alí converxen os torrentes do macizo de Tibesti e do altiplano de Ennedo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
bidueiro.