"Badr" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Lugar preto de Medina onde tivo lugar, no ano 624, a batalla pola que Mahoma acadou a primeira vitoria sobre os infieis da Meca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antigo escravo armenio convertido ao Islam. Foi visir do Califa fatimita al-Mustan ṣ ir. A pesar da perda de Damasco (1076) diante dos turcos, tentou animar os últimos anos da xa decadente dinastía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Imán do Iemen. Sucedeu a seu pai, o Imán Ahmad, en 1962. A pesar da súa anterior actividade liberal, mantivo as institucións autoritarias do país baixo o consello de Sa’ud ibn ‘Abd al-’Azīz de Arabia. Destronado polo golpe de estado do coronel Sallal ese mesmo ano, refuxiouse nas montañas do interior do país e iniciou unha guerra civil (1962-1970) apoiado polas tribos beduínas iemenís e por Arabia Saudí. Despois disto, exiliouse en Londres.

    VER O DETALLE DO TERMO