"Baliña" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica do apelido Valiña; presenta un b- non etimolóxico, fenómeno de confusión gráfica frecuente en apelidos deste tipo. Trátase dun apelido de orixe toponímica, diminutivo de val que presenta o xénero feminino herdado directamente do latín. Outros apelidos relacionados con este, que presentan o xénero romance son Valiño e Valín.
-
GALICIA
Ensaísta, investigador e catedrático de Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela. Publicou estudos sobre a cultura galega e o pensamento filosófico de diferentes intelectuais galegos. Ao redor da figura de Amor Ruibal escribiu El pensamiento de Amor Ruibal: una revisión de la filosofía a la luz de la correlatividad (1968). Ademais, editou a obra de Amor Ruibal Los problemas fundamentales de la filosofía y el dogma (1993) e coordinou o volume colectivo Amor Ruibal en la actualidad (1972). Outras obras súas son Rosalía de Castro entre a poesía e a política (1987) e Descubrindo a Otero Pedrayo (1991). Así mesmo, editou as Obras selectas I e II (1973 e 1983) de Otero Pedrayo e coordinou o libro Pensamento galego I (1977). Dende o seu posto docente promoveu a fundación das licenciaturas de Filosofía, Pedagoxía...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor de Historia Medieval na Universidade de Santiago de Compostela. O seu traballo de investigación, centrado na historia social e política durante a Idade Media en Galicia, expúxoo en diferentes libros e artigos, entre os que cómpre salientar os seguintes: Defensores e traditores: un modelo de relación entre poder monárquico e oligarquía na Galicia altomedieval, 718-1037 (1988), Do mito á realidade: a definición social e territorial de Galicia na alta Idade Media, séculos VIII e IX (1992), As razóns dun nome: Pobra do Caramiñal (1992), escrito en colaboración con Ana Boullón Agrelo, e Gallegos del año mil (1998). É membro da Sociedade Española de Estudios Medievais e editor-correspondente de Early medieval Europe.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ás cabaleirolas.