"Banū" (Contén)
Mostrando 17 resultados de 17.
-
VER O DETALLE DO TERMO
oz árabe, plural apocopado da voz árabe ibn ‘fillo’. Utilízase na formación de numerosos antropónimos: Banū Birzal, Banū Ǧ ahwar, Banū Ġāniya.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia árabe cordobesa (1031-1068). Abū-l- Ḥ azm ibn Ǧ ahwar, que deu nome á liñaxe, destronou o último Califa de Córdoba, Hišām III, aboliu o Califato e estableceu unha república municipal no termo de Córdoba. No 1068 os abbaditas tomaron Córdoba rematando coa dinastía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia bérber, Un dos seus membros, Mu ḥ ammad ibn ‘Abd Allāh, foi o creador da Taifa de Carmona (1013). O abbadita al-Mu’tadid incorporouna aos dominios sevillanos (1067).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia bérber que se independizou nas Illes Balears e en Ifrīqiya durante época almohade. ’Alī ibn Yūsuf, lugartenente do almorábide Yūsuf ibn Tašfīn, casou cunha parenta deste, Ġāniya (de quen tomou nome a dinastía), e tivo dous fillos: Ya ḥ yà e Mu ḥ ammad, gobernador de Mallorca seguramente dende 1126. Durante a conquista almohade do Al-Andalus, Mu ḥ ammad ibn Ġāniya conseguiu a autonomía das Illes Balears. Dos seus fillos, semella que Mu ḥ ammad ibn I ṣ hāq ibn Ġāniya permaneceu no goberno das Balears, namentres que ‘Alī ibn Is ḥ āq ibn Ġāniya levou a rebelión antialmohade a terras norteafricanas. A actuación dos Banū Ġāniya precipitou a decadencia almohade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación que os árabes deron aos descendentes de Gómez Díaz, conde de Saldaña. Serviron sucesivamente ao Califato Omeia e ao Rei de Castela, e opuxéronse á actuación do Cid.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia árabe de orixe baladí que gobernou a Taifa de Zaragoza dende o 1039 ata o 1110. O fundador foi Sulaymān ibn Mu ḥ ammad ibn Hūd, chamado al-Musta’īn, que antes de morrer dividiu o reino entre os seus fillos, deixando Zaragoza a Abū Ǧ a’far A ḥ mad al-Muqtadir, Lleida a Yūsuf al-Mu ẓ affar, Calatayud a Sulaymān e Tudela a Mum ḥ ammad. Al-Muqtadir (1046-1081) desposuíu sucesivamente os seus irmáns e anexionou Tortosa (1059) e Dénia (1076), facendo do seu goberno o momento de máxima expansión do Reino. Foi vasalo de Fernando I de Castela e aliado de Sancho García de Navarra contra Sancho Ramírez de Aragón. Acolleu o Cid no seu desterro. Ao morrer repartiu os seus territorios entre os seus fillos, outorgando Zaragoza e Tortosa ao seu fillo Yūsuf al-Mu’tamin (1081-1085), e Lleida e Dénia a Mun ḏ ir’Imād al-Dawla (1081-1090); estes iniciaron unha época de continuadas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia bérber orixinaria de Santaver (Cuenca). Os seus membros instauraron unha Taifa en Toledo (1036-1085) cando desapareceu o Califato de Córdoba. Este reino, sometido a presións considerables pola súa privilexiada situación xeográfica, tivo como derradeiro soberano a Yahya al-Qādir, que abandonou a cidade en mans de Afonso VI (1085).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia bérber que, despois da conquista do N de África polos musulmáns, obtivo a soberanía en Tilimsen (750?) e adoptou o credo kharigita. Unha rama desta dinastía sostivo a Taifa de Ronda (1039-1059).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia bérber, coñecida xeralmente co nome de dinastía benimerina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia muladí orixinaria da rexión navarra do Ebro. Descende do conde visigodo Cassius, que renegou do Cristianismo co gallo de conservar as súas propiedades ante a irrupción de Mūsà ibn Nu ṣ ayr na Península Ibérica. Unhas veces aliada dos emires de Córdoba e outras en revolta contra eles, conseguiu formar un reino propio (ss VIII-X) coa alianza frecuente dos reinos veciños. Un dos seus membros, Mūsà ibn Fortun chegou a gobernar sobre un territorio que abranguía Tudela, Huesca e Zaragoza. Enfrontado co veciño Reino Ástur, foi derrotado por Ordoño I (859) na fortaleza de Albelda (Logroño), orixe da lendaria Batalla de Clavijo, e o seu poder foi minguando ata a súa morte (862). Os derradeiros anos do s IX foron de loita continuada. Así, a comezos do s X, tralas repetidas batallas cos reis navarros, o territorio dos Banū Qasī quedou reducido a Tudela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia granadina que interveu repetidamente nas liortas internas do Reino Nazarita de Granada (s XV). Unha lenda atribúelle a Boabdil o asasinato de 36 membros desta familia na chamada sala de los Abencerrajes da Alhambra granadina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia árabe coñecida en Occidente por omeia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia musulmá da rama caisita asentada na cidade de València nos primeiros momentos da invasión musulmá da Península Ibérica. A finais do s XI colaborou xunto cos almorábides para impedir a conquista da cidade por parte do Cid Campeador.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tribo bérber da rama sanhaja. Os seus membros contribuíron a salvar o Imperio Fatimita da revolta de Abū Yazīd no 944 e foron recompensados (973) co goberno do Magreb oriental, que mantiveron ata o 1050. Unha rama da familia dos ziris pasaron no s X ao Al-Andalus e deuse a coñecer loitando contra Almanzor (al-Man ṣ ūr). Máis tarde Zawī ibn Zīrī (1012-1019) ocupou Granada e estableceu unha Taifa independente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘preguiza’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Banū Qasī.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de insectos dípteros, da familia dos tabánidos, ao que pertence o tabán.