"Banga" (Contén)
Mostrando 11 resultados de 11.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello do Carballiño baixo a advocación de santa Baia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción pacega na que Emilia Pardo Bazán situou os escenarios da novela El cisne de Vilamorta (1855). Neste pazo pasaba algunhas temporadas xa que o seu marido pertencía á familia dos Quiroga, propietaria do pazo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dado ao pintor anónimo, que realizou as pinturas murais das igrexas de Santa Baia de Banga e Santa María de Mugares, ambas situadas en Ourense, contra o ano 1555. Podería tratarse de Bertomeu García de Bahamonde, abade relacionado coa construción de Santa María de Mugares. Artista manierista, a súa obra está dirixida a un público humanista, xa que fai uso de gravados e conceptos tomados de Alciato e de Marsilio Ficino, baseando as súas propostas artísticas no neoplatonismo. Probablemente foi discípulo do Mestre de Sixto, dado o seu contido neoplatonista, o seu gusto pola narratividade e a minuciosidade nas descricións, e pola forma de compoñer e de estruturar os temas, elaborando os programas iconográficos de forma illada, utilizando os marcos abertos propios do estilo manierista. Non obstante , o Pintor de Banga interesouse por unha pintura máis sobria e por unha temática pagá.
-
IGREXAS
Igrexa situada no Carballiño. Na bóveda da capela maior conserva as pinturas murais do chamado Pintor de Banga. A temática destas pinturas está estruturada en tres espacios que corresponden aos tres niveis da mensaxe: os dons da divindade, o influxo dos astros e os videntes; está iconograficamente relacionada cos emblemas de Alciato. Estes temas amosan o coñecemento das teorías de Copérnico e do pensamento neoplatonista florentino. Conserva unha pía bautismal tardogótica. Foi declarada Ben de Interese Cultural.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua de Oceanía. Inclúese dentro da familia austronésica e no grupo malaio-polinesio, do subgrupo das celebes. Botan man dela para comunicarse uns 200.000 falantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ngala.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acio que tarda máis ca os outros na súa maduración.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Resto que queda do acio ao lle tiraren as uvas. SIN: cangallo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capital do estado de Karnataka, India, situada no altiplano do Deccán, a 900 m de altitude (4.130.288 h [1991]). Centro dunha rexión agrícola e núcleo industrial importante, foi fundada no s XVI pola dinastía de Maisuru. En 1758 converteuse en posesión de Haidar ‘Alí. En 1791 os ingleses tomaron a cidade e a restituíron o territorio de Maisuru. En 1831 converteuse en cuartel xeral da administración brítanica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua africana da familia bantú e do grupo bantoide, subgrupo bané, bantú das praderías, bamileké. Fálase en Camerún e conta con preto de 75.000 falantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bango.