"Barbus" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • Xénero de peixes de auga doce da familia dos ciprínidos, caracterizados por presentar catro barbelas na boca e o primeiro radio da aleta dorsal ramificado e, nalgunhas especies, osificado. Os individuos deste xénero viven en augas de curso rápido, aínda que tamén aparecen en pozas e remansos. Teñen unha alimentación moi variada que inclúe crustáceos, moluscos, insectos e algas verdes. A maioría das especies deste xénero son africanas, aínda que na Península Ibérica se rexistran cinco. En Galicia unicamente se atopa o barbo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibe a laurácea macaronésica Apollonias barbujana, elemento florístico esencial da laurisilva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Fíxose coñecer cunha recompilación de poemas titulada Les pleureuses (As choronas, 1895), e con algunhas novelas como L’enfer (O inferno, 1908); pero a súa consagración tivo lugar despois da Primeira Guerra Mundial coa obra Le Feu (O lume, 1916), novela antimilitarista que provocou unha gran polémica.

    VER O DETALLE DO TERMO