"Baron" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 26.
-
-
-
Dende o s XIII, señor que posuía o dominio xurisdicional sobre unha baronía.
-
A palabra, de orixe xermánica, significaba orixinariamente ‘home libre’, pero xa antes do s XII se xeneralizou en diversos países europeos como sinónimo de persoa notable, guerreiro ou acompañante do Rei. Na xerarquía feudal o barón figuraba por debaixo do vizconde. Este título, coa categoría de par, estableceuse en Francia e en Inglaterra a partir do s XIV; no s XVI estendeuse por Europa. Na Península Ibérica a baronía tivo unha gran consideración nos ss XI e XII, sobre todo en Aragón, onde os baróns ou señores conformaban a alta nobreza, formaban parte da Curia Regis e rexían os distritos administrativos. En Castela os baróns eran coñecidos como ricoshomes. En Catalunya, concedéronse títulos de barón a certos nobres posuidores de terras señoriais dunha certa extensión, que ocupaban o último lugar da nobreza catalana. Este título non figura na nobreza galega. Durante a Idade Moderna, algúns señores xurisdicionais levaban o título de barón. A abolición destes señoríos xurisdicionais...
-
-
En Inglaterra, dende o s XIII ata o ano 1873, xuíces competentes nas causas entre a Coroa e os súbditos en materia de impostos.
-
Membro destacado dun partido político.
-
-
PERSOEIRO
Político e avogado. Licenciado en Dereito pola Universidad de Madrid e en Ciencias Empresariais e Administración de Empresas polo ICADE, e graduado pola Escola de Comercio de París (ESSEC). É membro do Partido Socialista Obrero Español (PSOE). Foi profesor de Economía Agraria no Instituto Nacional de Estudios Agrarios en Valladolid e de Estrutura Económica na Universidad de Madrid (1966-1970). Durante os últimos anos do franquismo foi avogado defensor en xuízos políticos perante o Tribunal de Orden Público e de traballadores no Tribunal Nacional del Trabajo. Foi deputado do Parlamento español polo PSOE (1977-1986) e ministro de Transportes, Turismo e Comunicacións (1982-1985). Dende 1986 é membro do Parlamento Europeo. Foi presidente do Movemento Europeo Internacional (1987) e presidente do Parlamento Europeo (1989-1992). Na lexislatura 1994-1999 foi presidente do Comité de Asuntos Exteriores e Seguridade, e en 1999-2004, membro da Comisión de Asuntos Constitucionais. Publicou numerosos...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo pazo de Maceda situado no concello de Pontevedra. É un palacete renacentista do s XVI con fachada neoclásica. Posúe unha escalinata de pedras labradas. Foi adaptado para converterse en Parador Nacional de Turismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción francesa dirixida por Jean Delannoy e interpretada por Jean Gabin, Micheline Presle, Jean Desailly e Blanchette Brunoy. Este filme reflicte a historia dun barón arruinado, heroe da Primeira Guerra Mundial, que dedica o seu tempo ao xogo. Un golpe de fortuna fará que gañe un iate e un millón de francos. Baseada nunha novela de G. Simenon.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción checoslovaca realizada en 1962 e dirixida por Karel Zeman. Foi interpretada por Milos Kopecky, Jana Brejchova e Karel Hoger. A fantasía e a maxia dun mundo debuxado polo barón Munchhausen aparecen na viaxe que este realiza da Terra á Lúa, alternando imaxes reais con debuxos e gravados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manfred von Richthofen.
-
PERSOEIRO
Compositor e laudista alemán. Ademais de ser autor de numerosas composicións para laúde, escribiu no 1727 un tratado sobre o laúde e os seus intérpretes.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello do Porto do Son baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Está situado na parroquia de Baroña (Porto do Son). Trátase dun asentamento marítimo construído sobre unha península que ocupa na súa totalidade, polo que a morfoloxía da planta está condicionada por ese feito. Estivo ocupado entre o s I a C e a fin do s I d C. Estaba rodeado por dúas murallas: da exterior, duns 35 m de longo, arrincaban outras dúas murallas cara ao núcleo central; a interior, que rodeaba o poboado, só permitía o acceso ao recinto habitacional a través dunha única porta. No castro hai ao redor de 20 vivendas de formas circulares ou alongadas e de paredes rectas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Narcose obtida pola inhalación dunha mestura anestésica de presión superior á presión atmosférica. Emprégase nas intervencións cirúrxicas que implican a abertura dunha pleura.
-
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico francés. Realizou adaptacións cinematográficas de varias obras literarias. Triunfou especialmente con Le père Goriot (O tío Goriot, 1922) e en Nêne (1923). Dirixiu tamén La maison de l´Espoir (A casa da esperanza, 1916), Pêcheurs d´Islande (Pescadores de Islandia, 1924), La duchesse de Langeais (A duquesa de Langeais, 1942), Les mystères de Paris (Os misterios de París, 1943) e Rocambole (Chiste, 1947).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro situado no val de Monterrei, entre os concellos de Monterrei e Verín, que aínda tiña vida conventual no século XII. Non se conserva ningunha documentación relativa ao mesmo.
-
CUMIOS
Cumio da serra da Edreira, na parroquia de Castro de Laza (concello de Laza). Ten 1.406 m de altitude máxima.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista italiano. Entrou no mundo dos economistas, influído pola escola de Lausana e, en especial, por Léon Walras, co artigo “Il ministro della produzione nello Stato Collettivista” (O ministro da produción no estado colectivista, 1908), onde desenvolveu as ecuacións do equilibrio xeral aplicado ao socialismo, de xeito semellante ao que Walras fixera para o capitalismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Muller que posúe o título de barón.
-
Dona dun barón.
-
Nalgúns países, filla dun barón.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
No Reino Unido, nobre de rango inmediatamente inferior ao barón. Este título é hereditario e leva consigo o uso do apelativo sir. Foi creado en Inglaterra por Xurxo I no 1611 para financiar a colonización do Ulster; estendeuse a Irlanda no 1619 e no 1625 instaurouse en Escocia.
-
-
Territorio ou lugar sobre o que exerce a súa xurisdición un barón ou unha baronesa. Na xerarquía feudal figuraba por debaixo do vizcondado na xerarquización da aristocracia leiga.
-
Título ou dignidade de barón.
-
Demarcación feudal posuída por un barón; este exercía funcións xurisdicionais, absolutas nalgunhas rexións europeas, e dun carácter máis restritivo noutras.
-