"Basanta" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • PERSOEIRO

    Pianista e compositor castelán. Foi profesor no Conservatorio de Madrid e particular da Raíña Isabel II, ademais de organista da Capela Real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Mondoñedo ou de Viveiro, que pode aparecer representada nos tratados heráldicos coa forma Basante. Os membros desta caste espalláronse por toda Galicia e fundaron casas no Barco, Cedeira, Bande, A Coruña, Mondoñedo, Oleiros, Rioaveso, Barreiros e, sobre todo, nos arredores de Mondoñedo. Os de Valladolid descenden dos de Ansemar en Castro de Rei. Entroncaron con nobres familias galegas como os Pedrosa. As súas armas levan escudo mantelado: primeira partición, en campo de sinople, cunha árbore da súa cor natural, perfilada de ouro e, ao seu pé, unha fonte con augas de azul e prata; segunda partición, en campo de goles, cunha serpe descabezada, da súa cor natural; terceira partición, en campo de azul, co signo de Salomón de ouro; bordo de sable, con catro aspas de prata. Outra variante trae escudo partido: primeira partición, en campo de prata, con medio corpo dianteiro dun cervo de sable, acompañado de catro cruces planas de goles, unha en cada...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e catedrático de Lingua e Literatura Española no instituto Rey Pastor de Madrid. Foi director da colección de Historia de la Literatura Española da editorial Cincel e da Biblioteca Básica de Literatura da Editorial Anaya. Exerceu como profesor de Didáctica Especial da Literatura no ICE da Universidad Complutense de Madrid e de Literatura Española nas universidades americanas de Massachusetts e Rhode Island. Ten publicado traballos de crítica literaria en La Voz de Galicia, ABC Cultural, Nueva Estafeta, e no apartado cultural de La Razón e do xornal El Mundo, e as obras Cuarenta años de novela española (1939-1979) (1979), La novela de Baroja. El esperpento de Valle-Inclán (1980), Literatura de la posguerra: la narrativa (1980), Cervantes (1981), La novela española de nuestra época (1990), Cervantes y la creación de la novela moderna (1992) e Baroja o la novela en libertad...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político de Viveiro. Foi alcalde en 1867 e xefe do partido conservador durante os primeiros anos da Restauración. Foi deputado nas cortes (1876-1881). Recibiu a Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO