Cómic norteamericano que apareceu en 1939 editado pola Detective Comics Magazine. Nos anos sesenta acadou unha enorme popularidade e pasou ao cine e á televisión. A indumentaria do personaxe principal consta dun traxe escuro con capa e anteface, semellante ao dun morcego. Habita na cidade de Gotham e ten como compañeiro de aventuras a Robin.
Produción norteamericana realizada en 1989 e dirixida por Tim Burton. Foi interpretada por Jack Ni-cholson, Michael Keaton, Kim Basinger e Pat Hingle. Destaca polo emprego de numerosos efectos especiais que tentaban achegar a película ao cómic orixinario.