"Baux" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • FAMILIAS

    Familia de baróns occitanos posuidora de vastos dominios na Provenza, entre o val do Ródano e o País de Aix. A estirpe remóntase a Hugo I dos Baux (1026 -1060), neto de Poncio o Vello, vizconde de Arlés e Marsella. Esta familia permaneceu fiel a Afonso II de Aragón. A familia dos Baux foi estendendo a súa influencia, especialmente cando Bertrán I dos Baux , irmán de Hugo II, casou con Tiberga III de Montpellier-Omelás, condesa de Orange. Estes tiveron tres fillos, que deron orixe a tres ramas: a liña dos baróns dos Baux, vizcondes de Marsella e condes de Avellino (Nápoles), extinguida en 1426; a dos señores de Berra, que pasou a Nápoles cos anxevinos, e a dos condes e despois príncipes de Orange, que se extinguiu en 1417.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rocha que resulta da meteorización dos feldespatos e feldespatoides baixo unhas condicións ambientais cálidas e húmidas. Provén da lixiviación de rochas volcánicas básicas e graníticas. A bauxita, considerada anteriormente como especie mineral, é en realidade unha rocha esencialmente formada por tres minerais: hidrarxilita (Al(OH)3), diásporo (AlOOH) e alumoxel (Al2O3nH2O). Entre as súas variedades, as bauxitas vermellas empréganse para a produción de aluminio, e as bauxitas brancas para a fabricación de refractarios, abrasivos industriais e para a obtención de cementos especiais.

    VER O DETALLE DO TERMO