"BeV" (Contén)

Mostrando 15 resultados de 15.

  • XACEMENTOS

    Xacemento arqueolóxico situado nas terrazas fluviais do río Somme, preto da cidade de Abbeville (Picardía, Francia) descuberto polo prehistoriador Boucher de Perthes en 1844. A partir do estudo dos útiles sobre seixos alí descubertos, asociados a unha fauna xa extinguida, demostrou a antigüidade da presenza humana sobre a Terra. Posteriormente, o prehistoriador Henri Breuil sistematizou o Abbevillense baseándose no conxunto lítico de Abbeville.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Abbevillense.

    2. Técnica de percusión baseada na talla periférica, asimétrica e sobre zafra dorminte empregada para obter bifaces e outros artefactos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecnocomplexo do Paleolítico inferior que toma o nome do xacemento de Abbeville, desenvolveuse durante un período interglaciar cálido. Caracterízase por un tipo de biface tallado por percusión dura e dorminte. Na actualidade emprégase este nome polo de Chelense, que era máis habitual entre os investigadores da primeira metade do s XX. En Europa, precede cronoloxicamente ao Acheulense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • abbevillense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Símbolo empregado nalgúns países para designar o GeV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sincrotrón de protóns instalado na Universidade de Berkeley no 1954. Estaba formado por un acelerador de partículas de Cockcroft-Walton, que aceleraba os protóns ata 460 keV, e un acelerador lineal que os levaba ata os 10 MeV.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Figo temperán que producen certas variedades de figueira en xuño ou xullo, máis grande e doce ca o que producen en agosto ou setembro. Pode consumirse fresco no verán ou deixar que seque para consumilo como figo paso durante o inverno.

    2. Froita excesivamente madura ou en proceso de putrefacción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade de figueira que produce froitos en dúas tempadas; os primeiros son as béveras, en xuño ou xullo, e os segundos son os figos propiamente ditos, no outono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plano da reforma social británica que se desprende do Report on Social Insurance and Allied Services (Informe sobre a Seguridade Social e servicios anexos, 1942), formulado pola comisión presidida por William H. Beveridge. Pretendía redistribuír a renda nacional a través dos seguros sociais e dos subsidios familiares. O financiamento do programa repartíase a medias entre os patróns e os traballadores, dunha banda, e os ingresos procedentes dos impostos, da outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e político británico. A súa participación foi decisiva na creación de oficinas gobernamentais de colocación. Foi director entre 1919 e 1937 da London School of Economics and Political Science. Ocupou as presidencias do Unemployment Insurance Statuory Commitee entre 1934 e 1944, e do Departamental Commitee on Social Insurance and Allied Services entre 1941 e 1944. En 1942 presentou o informe coñecido como plano Beveridge. Membro do parlamento, foi elixido vicepresidente do partido liberal. No ano 1946 foi nomeado par. Entre as súas obras destacan, Full Employment on a Free Society (O emprego total nunha sociedade libre, 1944), Why I am a Liberal (Por qué son liberal, 1945), Voluntary Action (Acción voluntaria, 1948) e A defence of free learning (Unha defensa da libre aprendizaxe, 1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de California, nos EE UU (31.971 h [1990]). Situada á beira de Los Angeles, no NO, constitúe, na práctica, un barrio residencial desta cidade caracterizado polo elevado poder adquisitivo dos seus habitantes, relacionados na súa maior parte coa industria cinematográfica; está situada ao S de Hollywood, núcleo principal do sector.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sindicalista e político inglés. Fundador do sindicato dos transportistas, converteuse en presidente da Confederación Británica do Traballo (1936-1937). Foi ministro de Traballo no gabinete de Winston Churchill e durante a Segunda Guerra Mundial organizou a mobilización obreira. Foi secretario de Estado para Asuntos Exteriores (1945-1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo inglés. Profesor de Filosofía Moral nas universidades de Cambridge (1928-1953) e Knightsbridge (1953-1967). Analizou a estrutura das teorías físicas e aplicou a teoría dos xogos aos problemas morais. É autor de Theory of Games as a Tool for the Moral Philosopher (Teoría dos xogos como unha ferramenta para a Filosofía Moral, 1951), Scientific Explanation. A Study of the Function of Theory, Probability and Law in Science (Unha explicación científica. Estudio sobre a función da teoría, probabilidade e lei na ciencia, 1953) e An Empiriscist’s View of the Nature of Religious Belif (Visión empirista da natureza da crenza relixiosa, 1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Francia, na área de influencia de París, situada no departamento de Hauts-de-Seine, na marxe esquerda do río Sena (65.396 h [1990]). A base da súa economía é a industria, sobre todo as construcións mecánicas, a electrónica e a química.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo. Doutor en Ciencias Xeolóxicas e catedrático de Didáctica das Ciencias Experimentais, publicou El principio de localización y sus consecuencias de actividades sobre la percepción y la representación del espazo en el estudo del medio físico natural (1999) e, en colaboración, Prácticas de geología (1978), El estudo de los minerales (1984) e Didáctica de las ciencias naturales: 1, aspectos generales de didáctica y metodología de las ciencias naturales (1985). É membro da Sociedad Geológica de España, da Real Sociedad Española de Historia Natural, da Sociedade Galega de Historia Natural, da National   Association of Geology Teachers (NAGT), da Earth Sciencies Teacher Association (ESTA) e da European Science Research Association (ESERA). Recibiu a Cruz de Alfonso X el Sabio.

    VER O DETALLE DO TERMO