"Beas" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, drenado polo Odiel, que pasa a uns 10 km do poñente da vila de Beas (4.232 h [1996]). A súa economía é de base agrícola e gandeira. Entre as actividades industriais, vencelladas ao sector agropecuario, destaca a destilación de plantas aromáticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado á esquerda do río Guadalimar, na serra de Segura (8.261 h [1996]). Está drenado polo río Beas. A súa economía é basicamente agrícola e gandeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio do territorio de Gipuzkoa, Euskadi, drenado polo río Oria (12.331 h [1996]). Malia que é un centro da subárea comercial agrícola e gandeira, debe a súa importancia á industria, desenvolvida a partir de 1902 coa fundación dos talleres de fabricación e reparación de material ferroviario (Compañía Auxiliar de Ferrocarriles S A). Posteriormente, desenvolvéronse os subsectores siderometalúrxico (altos fornos e maquinaria), enerxético (central térmica), químico e alimentario. Na cidade destacan a igrexa parroquial da Asunción (ss XVI-XVIII) e a casa de Yarza (s XV).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carballedo baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción británica realizada en 1973 e dirixida por Paul Annett. Foi interpretada por Calvin Lockhart, Peter Cushing, Marlene Clark e Charles Gray. Un cazador reúne nunha casa situada nun bosque a un grupo de persoas entre as que se atopa un lobishome. Pretende descubrilo e darlle caza. A estrutura do filme identifícase co tipo de novela de intriga de Agatha Christie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo. En 1947 ingresou na Compañía de Xesús e no segundo ano do noviciado trasladouse a El Salvador. Estudiou humanidades na Universidad Católica de Quito (Ecuador), na que se licenciou en Filosofía (1955). Entre 1958 e 1962 estudiou teoloxía en Innsbruck (Austria) con Karl Rahner. Doutorouse en Filosofía na Universidad Complutense de Madrid (1965). En 1967 comezou a súa actividade docente na Universidad Centroamericana (UCA) de San Salvador, da que foi director do departamento de filosofía (1972) e reitor dende 1979. Representante destacado da Teoloxía da Liberación, involucrouse na política interna do país, sumido nunha guerra civil: denunciou os abusos da oligarquía opresora e explotadora e dunha clase política servil, pero tamén denunciou os métodos da guerrilla, á que acusaba de non representar o pobo salvadoreño, como proclamaban os seus dirixentes, e defender unicamente intereses partidistas. Dende o reitorado pretendeu converter a UCA nun instrumento de liberación popular comprometido...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución procesual que ten como finalidade pór a calquera persoa detida ilegalmente a disposición inmediata da autoridade xudicial competente. De orixe inglesa, creouna Carlos II en 1678. Nos países anglosaxóns constituíu unha inmunidade procesual ata que se probaba a culpabilidade. En España recoñeceuse na Constitución de 1978.

    VER O DETALLE DO TERMO