"Beceiro" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido que ten a súa orixe nun alcume posiblemente de profesión, xa que un veceiro era antigamente a persoa que se encargaba de levar o rabaño de cabras e ovellas dun lugar ao monte, labor que se regulaba a través dun sistema de quendas. As formas maioritarias deste apelido son as que aparecen grafadas con b- non etimolóxico.
-
-
Saco cheo de la, espuma ou outros materiais para apoiar a cabeza na cama.
-
Corda que se lles pon na cabeza ás bestas para atalas, suxeitalas ou conducilas.
-
Parte superior dunha leira que se labra en sentido transversal ao final, porque é necesaria para poder achegar os regos do arado o máis próximo á cima.
-
-
Madeiro ou elemento superior no marco dunha fiestra ou ventá.
-
Lintel de madeira.
-
-
Parte extrema da rede que teñen os aparellos dalgunhas artes de pesca.
-
-
GALICIA
Xornalista, produtora e realizadora cinematográfica. Licenciouse en Interpretación na Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid e realizou moitos traballos como guionista e responsable de programas de televisión de Canal +, como La noche + corta ou Especial Piezas. Tamén dirixiu curtametraxes, como a comedia A todo tren (1995), e participou como guionista de Planeta extraño (1997), onde tamén actuou. No filme Amores (1994) rodou o capítulo “Sopa de cucarachas”.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante e humorista. Coñecida como Sex, foi unha das primeiras mulleres que realizou humor gráfico en xornais e publicacións en España. Destacan as súas colaboracións en La Voz de Galicia e a creación do seu personaxe “Sir Ope de Buxo”.
VER O DETALLE DO TERMO