"Becket" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Produción británica realizada en 1964 e dirixida por Peter Glenville. Foi interpretada por Peter O’Toole, Richard Burton, John Gielgud e Donald Wolfit. Baseado na obra de Anouilh, o filme narra o enfrontamento entre o arcebispo de Canterbury, Becket, e o Rei de Inglaterra Enrique II. Trátase dun dos grandes clásicos do cine histórico inglés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo de Canterbury (1162-1170). Educado no priorado de Meron, estudiou Teoloxía en París e Dereito en Boulogne. Foi nomeado chanceler real por Enrique II Plantagenet (1154), cargo dende o que desenvolveu unha política eficientemente regalista. En 1162 o rei fíxoo elixir para a sé primada inglesa, Canterbury, da que xa era arcediago, coa finalidade de ocupala con alguén afecto aos intereses da monarquía. Non obstante , enfrontouse co rei e rexeitou as Constitucións de Clarendon (1164). Forzados polo rei, os bispos condenárono no Sínodo de Northampton, polo que se tivo que exiliar, atopando refuxio na abadía cisterciense de Pontigny (Bourgonhe) dende 1164 ata 1170. De volta á súa sé, foi asasinado no altar da Catedral de Canterbury, sendo canonizado pouco despois (1173). Dende entón Canterbury converteuse nun importante centro de peregrinación. A súa festa celébrase o 29 de decembro, día do seu asasinato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e novelista angloirlandés autoexiliado en Francia desde 1937. Iniciou a súa carreira como autor dramático trala estrea de En Attendant Godot (París,1953). Este espectáculo, baseado nunha peza homónima da súa autoría, presentouse en Londres en 1955 co título de Waiting for Godot. Desde un primeiro momento a súa obra foi equiparada á de Eugène Ionesco, Arthur Adamov ou Harold Pinter, e enmarcouse no movemento que o crítico británico Martin Esslin denominaría “teatro do absurdo”. Autor dunha obra tan breve como significativa, Beckett comezou a escribir literatura dramática despois de publicar a célebre triloxía de novelas Malloy, Malone Dies e The Unnamable, onde aparecen temáticas que se converterían en recorrentes e onde se aprecia a pegada existencial e estilística do seu amigo e mestre James Joyce, ben que no eido dramático non se pode esquecer a influencia de William Butler Yeats, T. S. Eliot, Jean Paul Sartre ou Albert Camus. Con...

    VER O DETALLE DO TERMO