"Beirut" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
CAPITAIS
Capital do Líbano e do mu ḥ āfa ẓ a homónimo (1.900.000 h [1996]). Situada na costa mediterránea, ao pé das montañas do Líbano, posúe un clima mediterráneo. A cidade, que comprende un núcleo histórico formado por barrios árabes e turcos, e unha parte nova, construída ao estilo occidental, é esencialmente un centro administrativo, comercial e financeiro. E tamén centro portuario e industrial, onde se concentra case a metade da industria libanesa (destacando as ramas alimentaria e téxtil, sobre todo da seda). Nó ferroviario e encrucillada de estradas, posúe aeroporto internacional. É un referente cultural e de ensino superior non só para o Líbano, senón tamén para unha extensa área do Próximo Oriente, no que se sitúan catro universidades: a American University of Beirut (fundada en 1866), a Université Saint-Joseph (1881), a Université Libanaise (1953) e a Universidade Árabe de Beirut (1960). A antiga Berit, mencionada xa desde o s XV a...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Beirut ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Beirut.
-