"Berenice" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • PERSOEIRO

    Fotógrafa norteamericana. Estudiou debuxo e escultura en Nova York. En París colaborou con Man Ray (1923-1925) e introduciuse de cheo na actividade fotográfica grazas a Eugène Atget.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga colonia grega que corresponde á actual Bengasi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome feminino procedente da forma macedonia do grego Pherenike (Bερενίκη), composto de ϕ έρω ‘levar’ e νίκη ‘vitoria’; xa que logo, ‘a que leva á vitoria’. Entre as princesas ptolomeas que levaron este nome destaca Berenice II, filla do Rei exipcio Ptolomeo Filadelfo (s III a C), quen ofreceu a súa cabeleira a Afrodita para que o seu marido saíse incólume do campo de batalla. Así foi como a deusa converteu esta ofrenda na constelación que leva o seu nome. Chamábase Berenice tamén a filla de Herodes Agripa I. Tito, conquistador de Xerusalén no ano 70, prendado da beleza da moza, escapou con ela a Roma aínda que non chegarían a casar por medo aos romanos. A historia deste amor frustrado inspirou a famosa traxedia de Racine no 1670.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Princesa xudía, filla de Herodes Agripa I. Casou co seu tío Herodes II de Calcis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constelación boreal, situada ao L de Leo e ao N de Virgo, formada por unhas vinte estrelas, sendo as máis brillantes as de cuarta magnitude.

    VER O DETALLE DO TERMO