"Bofill" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pedro Ruíz Bofill.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Investigador en arquitectura e en deseño de cidades, formouse na Escola de Arquitectura de Barcelona e, posteriormente, na Universidade de Xenebra. Cun equipo de arquitectos, deseñadores, enxeñeiros, sociólogos e filósofos, creou o Taller d’Arquitectura (Barcelona, 1963), que actualmente conta cun equipo internacional con proxectos construídos en Europa, África, Xapón e EE UU. As súas realizacións e as do seu equipo caracterízanse por unha valoración expresionista dos elementos construtivos e seriais; nos últimos tempos recorre ás linguaxes históricas, especialmente ao Clasicismo. O taller aborda proxectos de deseño urbano, equipamentos culturais, comerciais e deportivos, vivendas e oficinas, arquitectura de interiores e deseño de mobles. Realizou estudios de planificación urbana para Luxemburgo, Bordeos, Boloña, Madrid, Boston, Kobe (Xapón) e Nan Sha (China). No eido das infraestruturas, levou a cabo o novo Aeroporto de Barcelona (1982), o Palacio de Congresos de Madrid (1995)...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta, xornalista e político. Sendo membro da Lliga Regionalista foi alcalde de Barcelona e deputado da Mancomunidade no ano 1919. No 1922 interveu na formación de Acció Catalana, da que foi dirixente ata que se separou e retornou á Lliga. Escribiu La muntanya d’ametistes (A montaña de ametistas, 1908) e Sátires (Sátiras, 1929), sendo un dos máis sobranceiros poetas novecentistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e debuxante. Licenciado en Belas Artes (1985), foi profesor de debuxo. A partir de 1960 entrou a formar parte de Faro de Vigo, onde traballou como debuxante desde 1968. Colaborou en numerosas publicacións e ilustrou as portadas da colección de libros “O Moucho” (1967-1980); ademais, publicou tres tomos de As aventuras dun neno galego (1985, 1986 e 1988), en colaboración con Xesús Franco e Hidalgo Cuñarro, e a banda deseñada Historia de Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO