"Boloña" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Boloña e da rexión de Emilia-Romaña, Italia. Situada entre os ríos Reno e Savena (417.410 h [estim 1998]). Trátase dun centro comercial dunha rexión agrícola fértil e ben explotada cun núcleo industrial moi desenvolvido, destacando a industria de automóbiles, de instrumentos de precisión e de zapatos. Ocupa unha situación estratéxica á saída dos Apeninos. Ten como centros de ensino superior a Università degli Studi, fundada no s XI, a primeira de toda Europa. Son características da cidade as torres inclinadas dos Asinelli e Garisenda (s XII), a basílica de San Petronio (s XIV-XVII), o pazo municipal e o pazo do Podestà (s XIII e XV). Hai que destacar tamén as igrexas monásticas de San Domenico (s XIII) e San Francesco (s XIII) e o conxunto arquitectónico de Santo Stefano (s XI-XIII). En Boloña existen indicios de poboamento desde a Idade de Ferro cos vilanovianos. Fundada polos etruscos, que a chamaron Felsina, foi rapidamente conquistada polos boios (350 a C), e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Emilia-Romaña, Italia (3.702 Km2; 904.968 h [1990]). A súa capital é Boloña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de músicos que a mediados do s XVII influíron no desenvolvemento da música instrumental italiana. Os representantes máis destacados foron Giulio Cesare Arresti (1617-1704), Maurizio Cazzati (1620-1677) e Giovanni Battista Vitali (1632-1692), discípulo de Cazzati que desenvolveu a estrutura da forma sonata e, máis tarde, Giuseppe Torelli (1658-1709) autor dos primeiros concertos para solista. No s XVIII a personalidade do padre Giovanni Battista Martini (1706-1784) converteu Boloña nun centro musical visitado polos grandes músicos da época como J. Ch. Bach ou Mozart.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola dos Glosadores de Boloña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se coñece o plano urbanístico do centro histórico da cidade italiana de Boloña, aprobado en 1969. Constituíu un fito, tanto desde o punto de vista teórico como no referente á aplicación práctica, no tratamento urbanístico dos centros históricos das grandes cidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor flamengo. En 1512 comezou o seu periplo pola Italia renacentista. A súa formación nas novas propostas estéticas e a súa técnica permitíronlle entrar ao servizo de Francisco de Medici en Florencia e do Papa Pío IV quen lle encargou a Fonte de Neptuno de Boloña. É autor do sepulcro do Cardeal don Rodrigo de Castro (1603), encargado polo promotor do colexio da Compañía de Monforte de Lemos serviu de modelo renovador da estatuaria funeraria en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Escola de canonistas de Boloña

    VER O DETALLE DO TERMO