"Bolos" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
-
Cada unha das pezas de madeira, ou doutro material, torneada, máis ancha na parte inferior, que se usa no xogo dos birlos.
-
Xogo de habilidade consistente en intentar derribar, mediante o lanzamento dunha bóla, unha serie de paos chamados birlos, colocados en vertical sobre o chan. O exiptólogo Flinder Patrie datou as orixes do xogo arredor do ano 3300 a C. A través dos romanos pasou a formar parte dos costumes populares da maioría dos pobos de influencia latina. A expectación suscitada polo xogo dos birlos, practicado en ambientes rurais, deu lugar á aparición de fortes apostas. A versión moderna e regulamentada do xogo dos birlos (denominada internacionalmente bowling) apareceu en América a finais do s XIX. O bowling practícase nunha pista de madeira lisa e pulida, dotada normalmente dun sistema mecánico para levantar os birlos tirados e devolver as bólas aos xogadores.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequeno entrante do litoral da parroquia de Canduas (concello de Cabana de Bergantiños), na beira meridional da ría de Corme e Laxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma contracta do cuantificador entrambos(as) + a segunda forma do artigo determinado los, las.
-
-
Denominación popular que recibe o dedo índice.
-
Que ou quen se inmisce nos asuntos dos demais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cómic editado en Cangas a partir de 1980 por alumnos do colexio público Castrillón-Coiro. Coordinado por Lauro Xosé Pedreira, contiña ao longo das súas vinte páxinas debuxos e cómics orixinais dos rapaces que colaboraban na revista. Esta edición foi posterior á participación dalgúns dos colaboradores no Concurso de cómics O Facho, celebrado en 1980.