"Borneo" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
ILLAS
Illa do arquipélago malaio (entre os océanos Índico e Pacifíco), a terceira do mundo pola súa superficie, despois das de Grenlandia e Nova Guinea (743.385 km2; 15.316.000 h [estim 1995]). Esténdese en latitude entre os 6° 58’ N e os 4° 9’ S, e en lonxitude dende os 108° 48’ L ata os 119° 14’ L. O seu territorio repártese entre tres estados: Indonesia (provincias de Borneo Central ou Kalimantan Tengah, Borneo Meridional ou Kalimantan Selatan, Borneo Occidental ou Kalimantan Barat, e Borneo Oriental ou Kalimantan Timur), Malaisia (estados de Sabah e Sarawak) e Brunei. Distínguense dous sectores: a parte central e setentrional, accidentada por montañas de altura media, que no cume Gunong Kinabalu chega a 4.101 m, e a franxa litoral, na que abundan os terreos pantanosos. O clima é ecuatorial, mantendo unha temperatura elevada de xeito uniforme ao longo do ano (a media anual é de 27,3°C, sendo a temperatura de xaneiro de 26,7°C e a de xullo 27,8°C) e un réxime de precipitacións tamén...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome colonial (obsoleto) de Sabah , estado de Malaisia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia terpénica, que na súa forma levoxira é o constituínte principal do alcanfor de ngai, empregado en medicina e perfumería.