"Borrás" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe procedente de Fuliola (Lleida). A rama galega viu desde Mallorca e estableceuse en Pontedeume. Algúns dos galegos levan as mesmas armas ca os das Illes Balears: escudo cortado coa primeira partición, en campo de prata, cun touro andante ao natural; e a segunda partición, axadrezado de ouro e sable.
-
PERSOEIRO
Actor. Consagrouse definitivamente co personaxe Manelic de Terra baixa (1897). Estivo no Romea en calidade de primeiro actor e codirector (1901-1904). Actuou en Madrid -con interpretacións en El alcalde de Zalamea de Calderón de la Barca e en El abuelo de B. Pérez Galdós- e en América Latina. Volveu a Barcelona (1917) e actuou no Poliorama (1936-1939). En 1939 reapareceu coa estrea La santa hermandad de E. Marquina e La santa virreina de J. M. Pemán.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Alteración atmosférica forte acompañada de vento, chuvia e, ás veces, raios, especialmente no mar.
-
Centro de baixas presións (presións inferiores a 1.013 mb) da atmosfera. As borrascas que afectan a Galicia están asociadas á fronte polar e proceden do Océano Atlántico, polo que ao chegar ao país adoitan deixar precipitacións.
-
-
-
Que anuncia borrasca ou ten as súas características.
-
Con moita axitación ou violencia.
-
-
PERSOEIRO
Pintor. Activo en Girona na segunda metade do s XIV, foi discípulo de Pedro Serra. Traballou na sé de Girona en 1380 e, en 1383, estableceuse en Barcelona. Realizou, entre outros, os retablos dos Set Goigs de la Mare de Déu (Os sete gozos da Nai de Deus), para Copons (1402); do Salvador de Sant Salvador de Guardiola (Bages); da capela de Sant Antoni, da sé de Manresa (1410); retablo maior de Sant Pere de Égara, en Terrasa (1411); retablo maior do convento de Santa Clara, de Vic (1415). No ano 1419 cobrou o remate do retablo maior do mosteiro de Santes Creus, comezado por Guerau Gener. Foi o representante máis coñecido da pintura gótica catalana, caracterizado polo Expresionismo, a forza da cor e a variedade de policromía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico. Membro da Academia de Ciencias e Artes (1914), foi profesor da Universidade Industrial (1917) e catedrático da Universidade de Barcelona (1930-1951). Colaborou con Esteve Terradas e, sobre todo, con Eduard Fontserè no Servicio Metereolóxico de Catalunya e no Observatorio Fabra. Inventou o pluviómetro de intensidades que leva o seu nome, usado na maioría de observatorios do mundo, e o anemómetro de aspiración, instalado no Observatorio Fabra (1913). Foi membro adxunto do Instituto de Estudios Cataláns (1926-1931).
VER O DETALLE DO TERMO