"Borraxeiros" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Agolada baixo a advocación de san Cristovo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Borrageiros.

    2. Liñaxe orixinaria de Borraxeiros, en Agolada. Emprega as variantes gráficas Borrageiros, Borragueiros ou Borrajeros. As súas armas levan, en campo de goles, un carballo ao natural e, detrás del, unha barra de ouro; bordo tamén de ouro. Outros traen, en campo de goles, unha árbore de sinople, perfilada de prata, saínte da punta do escudo e, detrás dela, unha barra de ouro; bordo do mesmo metal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido por Real Despacho do 21 de xaneiro de 1761, co vizcondado previo de Parada (Amoeiro) a Xaquín Salgado e Enríquez, señor da xurisdición e fortaleza de Borraxeiros, en Agolada. En 1958 este título foi rehabilitado por Manuel Taboada Roca. Leva como armas, escudo acuartelado: primeiro cuartel, coas armas dos Taboada; segundo cuartel, coas armas dos Camba; e terceiro cuartel, coas armas dos Salgado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado en San Cristovo de Borraxeiros (Agolada). De planta rectangular, está articulado en dúas alturas: planta baixa e piso. A cuberta é a catro augas. No interior alberga un patio central. As ameas e as torres nos ángulos danlle un aspecto de fortaleza. Conserva armas dos Salgado e dos Fiaños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Agolada. Do primitivo templo románico, construído a finais do s XII e reconstruído en 1705, só resta unha porta situada na fachada principal e parte dos muros da nave. No interior, a nave presenta dous pares de columnas entregas con capiteis de follas, unha das bases está decorada con arquiños de ferradura e de medio punto. A portada conta cunha dobre arquivolta, decorada con bólas, que se sostén sobre catro columnas con capiteis vexetais con mazás. O tímpano decórase co relevo dunha cruz grega rodeada por un semicírculo de arquiños de ferradura.

    VER O DETALLE DO TERMO