"Braganza" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
PERSOEIRO
Conde de Montemolín, fillo do infante Carlos María Isidro. Pretendente carlista á coroa de España (1845) co nome de Carlos VI. Intentou o seu casamento coa Raíña Isabel II. Mentres era rei pretendente tivo lugar en Catalunya a segunda guerra Carlista. No 1860 levou a cabo unha rebelión militar desde San Carlos de la Rápita, foi prendido e condenado a morte, aínda que sería indultado ao renunciar ao trono (Tortosa, 23.3.1860). Máis tarde, ante as pretensións do seu irmán Xoán Carlos, invalidou a renuncia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Montizón e segundo fillo do infante Carlos María Isidro. Pretendente carlista ao trono de España. Despois da renuncia á coroa feita polo seu irmán Carlos Luís, conde de Montemolín (1860), erixiuse en xefe dos carlistas e propuxo ás cortes o establecemento dun réxime máis liberal, distinto ao de Isabel II. Despois, o seu irmán anulou a renuncia e, ao morrer este en 1861, sucedeulle nas pretensións ao trono. Os seus dereitos pasaron a seu fillo Carlos María das Dores.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Apelido que ten a súa orixe no topónimo portugués Bragança. Este nome de lugar deriva, á súa vez, de *brigantia, termo formado coa base celta briga ‘altura, elevación’. Este apelido documéntase en textos galegos desde o s XII: “Menendus Bregancia alferez regis” (doc ano 1158 en P. García de Loscertales Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, 1976 p 439), “Menendus Bragancia alferiz” (doc ano 1158 en Manuel Lucas Álvarez El tumbo de san Julián de Samos: siglos VIII-XII, 1986, p 478).
-
Liñaxe de orixe portuguesa que pasou a Galicia e emparentou con ilustres familias como Valcárcel, Losada, Balboa, Pimentel, Figueroa, etc. As súas armas levan, en campo de azul, unha flor de lis de ouro en abismo, acompañada de seis dados ou quinas de prata, cargadas de cadanseus cinco puntos de sable, postos en aspa. Tamén se recolle outra variante que trae, en campo de azul, cinco crecentes de prata, postos en aspa, con cadansúa estrela de ouro.
-