"Brazzaville" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • CAPITAIS

    Capital da República do Congo (973.579 h [1992]). Situada na beira dereita do río Congo, sobre o lago Stanley-Pool, esténdese sobre unha serie de terrazas graduais. A cidade medrou polo aluvión de inmigrantes das áreas rurais do país, e para acoller este fluxo humano na súa periferia xurdiron unha serie de novas localidades (Poto-oto, Bacongo e Moukondji-Ngouaka). A súa principal función, dado o seu carácter capitalino, é a administrativa. Tamén é un centro comercial e industrial, condición favorecida tanto polo volume demográfico como polo seu importante porto fluvial sobre o río Congo, navegable augas arriba. Unha liña de ferrocarril une a cidade con Pointe-Noire, o seu porto no litoral atlántico. As principais ramas industriais son a alimentaria, a téxtil, a do coiro, a madeireira, a dos materiais de construción e os talleres ferroviarios. Hai estaleiros de construción de buques para a navegación fluvial. É sede da Université Marien-Ngouabi, fundada en 1961. Foi fundada no 1880 como...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reunión celebrada en Brazzaville en xaneiro de 1944 polos representantes das colonias de Francia, presidida polo xeneral De Gaulle e por René Pleven. Esta conferencia estableceu os principios das reformas diplomáticas, administrativas e sociais que levaron á creación da Union Française (1946).

    VER O DETALLE DO TERMO