"Breamo" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • Antiga parroquia do concello de Pontedeume baixo a advocaión de san Miguel. En 1991 foi integrada na parroquia de Vilar (concello de Pontedeume).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Publicouse en Pontedeume dende 1914 ata 1916. Segundo se podía ler na portada do número 57, con data do 27 de xuño de 1915, ano segundo, levaba o subtítulo de “Semanario independiente. Defensor de los intereses generales de Puentedeume y su comarca”. Frutos Fernández Illá foi o director deste semanario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Pontedeume. baixo a advocación de San miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Pontedeume. Pertenceu a un mosteiro agostiño que aparece documentado no tombo de Caaveiro nun escrito do 1169. O templo conserva na fachada unha inscrición do 1187. De estilo románico, ten planta de cruz latina cunha nave e tres ábsidas. A nave principal cóbrese cunha bóveda apuntada e a do cruceiro con bóveda de aresta, o cruce entrambas as dúas vai cuberto cunha bóveda de crucería. A fachada principal remata nun pequeno frontón culminado por unha cruz. Conserva rosetóns na fachada principal e na nave N do cruceiro. No seu interior garda unha talla románica de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO