"Bremen" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • CIDADES

    Cidade de Alemaña, capital do länder homónimo (546.968 h [1998]). Está situada preto do río Weser; este río, dragado a 10 m, converteu a cidade nun centro mercantil de produtos de ultramar. Este feito motivou que as industrias de elaboración se desenvolvesen na zona, en especial, as de tabaco, chocolate e café. Está localizada nunha rexión baixa e pouco fértil e a súa actividade económica complétase coa industria cervexeira, química, tecidos (la e estampados), industria do coiro e refinerías de petróleo. As primeiras noticias de Bremen datan do s VIII, cando Carlomagno a converteu en sede dun bispado. Cando a cidade de Hamburgo foi destruída polos viquingos (845), Bremen substituíuna como centro de evanxelización dos países nórdicos. Baixo o goberno dos príncipes-arcebispos, a cidade medrou e converteuse nun importante centro comercial. Na fin do s XIII independizouse do dominio eclesiástico e a burguesía gobernou a cidade, que se adheriu á liga hanseática e foi un dos centros...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Land de Alemaña (404 km2; 673.883 h [1998]). Está formado por dous territorios: o que rodea a capital, Bremen, situado á beira do río Weser, e o que rodea a cidade de Bremerhaven, que está na ribeira dereita da desembocadura do Weser, drenado polos ríos Geeste e Lune. A actividade económica do territorio é basicamente a portuaria, feito que determinou a estrutura industrial. Pola contra, a actividade agrícola e pesqueira, así como as industrias derivadas sufriron un descenso na súa produción, por mor da escasa fertilidade do solo, entre outros motivos. A poboación activa no sector primario é do 1,1% mentres que no secundario e o terciario comprenden o 38% e o 60%, respectivamente. A constitución de 1947, establecía unha asemblea (Bürgerschaft) de 100 deputados, que elixían un senado de 10 membros. O senado, que exercía o poder executivo, elixía dous burgomestres (Bürgermeister), un deles era nomeado presidente do mesmo. O senado posuía o dereito de veto dilatorio. Un...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Territorio do Sacro Imperio creado como consecuencia da secularización do principado episcopal de Bremen coa Paz de Westfalia (1648) e adxudicado a Suecia. No 1712 pasou a Dinamarca e, no 1720, a Hannover.

    VER O DETALLE DO TERMO