"Brito" (Contén)
Mostrando 15 resultados de 15.
-
PERSOEIRO
Autor probablemente portugués do que apenas se rexistran datos e que compuxo unha “pregunta” dirixida a Gómez Manrique tal e como figura no Cancioneiro de Baena, que foi composta ao redor de 1467.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe oriúnda de Portugal que emparentou con ilustres familias lusitanas e castelás. Unha das ramas pasou a Galicia, establecéndose no Val Miñor (Nigrán), en Tui e en Ponteareas. As súas armas levan escudo axadrezado de goles e prata; as nove lousas deste metal cargadas con leóns rampantes, de goles. A casa de Tui trae no seu escudo oito leóns, postos en dous paos, sobre un campo axadrezado. A casa do Val Miñor leva, en campo de prata, nove leóns rampantes de goles, postos en tres paos, de tres cada un.
-
PERSOEIRO
Historiador e monxe cisterciense. En 1606 foi nomeado cronista da súa orde e, en 1616, cronista maior de Portugal. Iniciou a publicación da monarquía lusitana (1597-1609), que se aproxima ao estilo das novelas de cabalería.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Compilou a História trágico-marítima (1735-1736), conxunto de folletos impresos ou manuscritos referentes a naufraxios ocorridos a mediados do s XVI.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Divindade cretense feminina. Fuxindo de Minos, lanzouse ao mar e foi salvada por unha rede de pescadores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga diocese de Galicia que aparece xa no Parrochiale Suevum ou Divisio Theodomiri e que foi destruída trala invasión musulmana. As igrexas situadas en territorio asturiano foron incluídas na diocese de Oviedo e as situadas en territorio galego na Britoniense ou Dumiense, posteriormente diocese de Mondoñedo.
-
-
Relativo ou pertencente aos britónicos ou ao britónico.
-
Individuo do pobo britónico.
-
Pobo celta establecido en Gran Bretaña dende o primeiro milenio ata o s I a C.
-
Póla do céltico representada polo galés ou cámbrico, o córnico, o bretón e o picto.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Bretoña.
-
Natural ou habitante de Bretoña.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cría da cabra, alimentada exclusivamente co leite materno. A súa carne, tenra e saborosa, consómese principalmente asada ou guisada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Debrito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe toponímica ou patronímica. A maioría dos apelidos Brito e Debrito proceden de Portugal, onde é frecuente o topónimo Brito, pero tamén algúns deles poden ter a súa orixe no topónimo galego ou no nome de pía Brito, coa preposición de indicadora do lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo ao que se lle aplicou na súa orixe. Brito é, ademais, un dos personaxes da historiografía mítica galega: o cuarto fillo de Galo ou Gall (fillo de Brigo) e de Celt (filla de Artai ou Arteigo).
-
FILOSOFOS
Filósofo brasileiro. Licenciado en Dereito na Universidade de Recife, foi catedrático de Lóxica no Colexio Pedro II de Rio de Janeiro. Concibiu a filosofía como o medio para investigar os grandes problemas que atinxen á existencia humana, buscou eliminar preconceptos e falsas esperanzas, a través do método da introspección, de tal xeito que proporcionasen un coñecemento fundamental e verdadeiro que lle permitira ao home enfrontarse directamente á vida e á morte. Das súas obras destacan O mundo interior; ensaio sôbre os dados gerais da filosofia do espírito e Finalidade do mundo; estudos de filosofia e teleologia naturalista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diplomático e político. Foi deputado nas Cortes de Cádiz (1814), ministro de Estado (1820-1821 e 1838-1840) e embaixador en Lisboa (1834-1848). Presidiu o Consello de Ministros (1838-1840) e, coa derrota do goberno, tivo que exiliarse ata que acabou a rexencia de B. Espartero.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Lisboa 1647 - Oriur 1693) Mártir. Educado na corte de Xoán IV, ingresou nos xesuítas en 1662. Partiu como misioneiro a India (1673), onde morreu decapitado. A súa festividade celébrase o 4 de febreiro.