"Broglie" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia orixinaria de Carrea (actualmente Chieri), no Piemonte, da que o primeiro membro coñecido é Huberto Gribaldi de Broglie (1256). En 1643 o duque de Savoia outorgoulle a Françoise de Broglie (1611-1656) o condado de Revel. En 1616 adquiriron o señorío de Dormans, erixido en marquesado en 1671. Françoise-Marie de Broglie (morto en 1745) foi investido duque de Broglie polo rei de Francia en 1742, e o seu fillo, Victor-Françoise de Broglie (París 1718-1804), mariscal de Francia, foi elixido príncipe do Sacro Imperio. Fillo deste foi Achille-Victor de Broglie (París 1785-1870), colaborador de Napoleón I e durante a Restauración partidario de Luís Filipe de Orleans. Foi ministro e contribuíu á abolición da escravitude. O seu fillo Jacques-Victor de Broglie (1821-1901), que ostentou tamén o título de duque, foi un político monárquico e lexitimista durante a III República; ademais...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Segundo a teoría ondulatoria de De Broglie, lonxitude de onda asociada a unha partícula de momento (cantidade de movemento) p ben definido: λ=h/p, onde h é a constante de Planck. Manifesta o carácter ondulatorio das partículas que describe a mecánica cuántica, coñecidas co nome de cuantóns.
-
PERSOEIRO
Físico francés. Príncipe de Broglie e, á morte do seu irmán Maurice, duque de Broglie. Foi profesor de física teórica na Universidade de París (1928). Na súa tese doutoral La Théorie des Quanta (1924) propuxo unha solución aos problemas formulados polas hipóteses de Planck e de Einstein ao suxerir que, así como a luz parece ter unha dobre natureza porque se comporta unhas veces como onda e outras como corpúsculo (teoría corpuscular), podería suceder o mesmo coas partículas elementais en movemento; o desenvolvemento desta idea por parte de Heisenberg, Schrödinger e outros, así como tamén a experiencia de difracción dos electróns por medio dunha lámina cristalina, realizada en 1927 por Germer e Davisson, confirmaron a natureza ondulatoria do electrón e deron lugar ao nacemento da mecánica ondulatoria. No 1926 Schrödinger determinou a ecuación da onda asociada de De Broglie coñecida como ecuación de Schrödinger. Autor de traballos de divulgación científica, entre...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico, irmán de Louis-Victor de Broglie e duque de Broglie. Estudiou na École Navale, doutorouse en ciencias e fundou un centro de investigación de física atómica. Estudiou a aplicación dos raios X ao estudo dos cristais. As súas obras máis importantes son Les rayons X (Os raios X, 1922) e Introdution à la physique des rayons X et gamma (Introdución á física dos raios X e gamma, 1928).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
onda asociada.