"Brunswick" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia principesca alemá da liñaxe dos güelfos, fundada por Otón I o Infante, quen recibiu o ducado de Braunschweig no ano 1235. Foron ramas principais as dúas de Brunswick-Lüneburg (1252-1388 e 1429-1705), das cales a segunda deu lugar en 1692 á rama electoral e despois, en 1714, á real de Hannover; a de Brunswick-Grubenhagen (1279-1596), a de Brunswick-Göttingen (1286-1437) e a de Brunswick-WolfenBüttel (1318-1806). Os membros máis salientables da familia foron: Otón de Brunswick (1175-1219), emperador xermánico entre 1209 e 1218. Alberte I o León (1236-1279), que entregou Lüneburg ao seu irmán Xoán en 1267. Fernando de Brunswick (1721-1792), lugartenente de Federico II durante a Guerra dos Sete Anos. Carlos Guillerme Fernando de Brunswick (1735-1806), comandante dos exércitos austro-prusianos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proclama asinada en Coblenza o 25 de xullo de 1792 polo duque Carlos Guillerme Fernando de Brunswick, comandante do exército austro-prusiano, en nome das potencias coligadas. Este manifesto, que ameazaba coa destrución total de París se a familia real francesa padecía a mínima aldraxe, provocou o efecto contrario: o derrocamento da monarquía o 10 de agosto.
-
PERSOEIRO
Raíña de Inglaterra e neta de Xurxo III de Inglaterra. Casou no 1795 co príncipe de Gales que ao pouco tempo se separou dela e a expulsou da corte. Cando o seu marido accedeu ao trono, como Xurxo IV, rexeitouna como raíña mais ela regresou a Londres e foi recibida triunfalmente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperatriz de Alemaña. En 1708 casou co arquiduque Carlos, que disputaba a coroa de España a Filipe V. Cando o seu marido marchou a ocupar o trono imperial, como Carlos VI, permaneceu en Barcelona en calidade de rexente (1711-1713).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia marítima de Canadá, situada no litoral atlántico (73.440 km2; 729.498 h [2001]). A súa capital é Fredericton (81.346 h [2001]). Limita ao N con Québec, ao O co estado de Maine (EE UU), ao L co golfo de San Lourenzo e ao S coa baía de Fundy. Pertence á rexión apalachense e forma unha serie de altiplanos con chanzos, intercalados con depresións, como a de Restigouche, ao N, e altitudes, como as de Northern Highlands ou as de Caledonia Hills. A industria aproveita a riqueza forestal da provincia, con abundancia de fábricas de pasta de madeira e de papel. Saint John é o principal núcleo industrial. A economía oriéntase sobre todo cara á gandaría e cara á produción leiteira. Explótanse tamén recursos minerais, como carbón, cinc, cobre, chumbo e prata.