"Bucarest" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • CAPITAIS

    Capital de Romanía, situada na rexión de Muntenia ou Gran Valaquia, que constitúe un muncipio autónomo á marxe da administración provincial do país (228 km2; 2.027.512 h [1997]). Atravesan a cidade o río Dîmbovita e o seu afluente, o Colentina. A cidade ten un aspecto moderno, con amplas avenidas e máis de vinte parques. Desde 1918 a cidade foi medrando e converteuse no centro político, educativo, cultural, financeiro e industrial do país. A súa situación, no centro de rutas comerciais cara a Bulgaria, Hungría e Ucraína, con abundantes recursos de petróleo, sal e auga, facilitaron o seu desenvolvemento industrial. É tamén un centro de ensino superior: Universitatea din Bucureşti, fundada no ano 1864 e o Institutul Politehnic Gheorghe Gheorghiu-Dej, fundado no ano 1819. Fundada probablemente no lugar onde se situaba unha antiga fortaleza romana, a primeira referencia documental data do s XIV. No s XVII substituíu a Tîrgovişte como capital do principado de Valaquia. Durante...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asinado o 28 de maio de 1812 entre Rusia e Turquía, establecía a cesión a Rusia de Bessarabia, baixo control turco, e a protección rusa de Valaquia. Así mesmo, situaba a fronteira entre ambos os dous países no río Prut.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asinado o 3 de marzo de 1886 entre Serbia e Bulgaria, significou a aceptación por parte de Serbia da unión de Bulgaria e Rumelia oriental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asinado o 10 de agosto de 1913, puxo fin á Segunda Guerra Balcánica. Supuxo unha serie de cambios territoriais: unha parte de Macedonia pasou a Serbia e a Grecia, que recibiu tamén a costa de Salónica. Romanía obtivo Salistria, e Turquía acadou Adrianápolis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asinado o 7 de maio de 1918 entre as potencias centrais e Romanía. Supuxo unha serie de cambios territoriais: Dobrudja meridional pasou a formar parte de Bulgaria e o resto da provincia foi administrada polas potencias centrais, mentres Austria-Hungría ratificou as súas fronteiras nos Cárpatos. Romanía pola súa banda anexionou Bessarabia. Ademais incluía unhas cláusulas económicas: Austria-Hungría e o Imperio Alemán gozarían do monopolio das exportacións petrolíferas e o control dos ferrocarrís e da navegación no Danubio. O tratado non se ratificou e anulouse ao finalizar a Primeira Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO