"Budapest" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
CAPITAIS
Capital de Hungría, situada na beira do Danubio, na saída das gorxas entre os macizos de Pilis e Börzsöny, que na división administrativa do país constitúe un condado (525 km2; 1.861.383 h [1998]). Consta de dúas partes: Buda, o núcleo antigo, situada sobre os outeiros de Buda e o monte Gellért, á beira dereita do río, e Pest, situada nunha chaira aluvial, na beira esquerda do Danubio. Ambos os dous núcleos desenvolvéronse en círculos concéntricos: no primeiro están os distritos comerciais; o segundo desenvolveuse a partir do s XIX; o terceiro, que se estende ata un cinto de parques e xardíns, comprende os barrios residenciais a ambas as bandas de amplas avenidas radiais. Xa antes da Segunda Guerra Mundial a cidade experimentara un novo crecemento a causa do desenvolvemento da industria, que provocou o nacemento de barrios obreiros, habitados principalmente por inmigrantes procedentes das comarcas rurais. En 1950 a cidade ampliouse de novo coa anexión de sete localidades veciñas....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo e mártir. Dirixiu a educación de Emerico, fillo de santo Estevo I de Hungría. Foi bispo de Csanad (1036). Morreu lapidado, lanceado, encerrado nun barril cheo de cravos e precipitado desde un outeiro ata o Danubio. Represéntase como un bispo cunha lanza que lle atravesa o corazón. A súa festividade celébrase o 24 de setembro.
VER O DETALLE DO TERMO