"Buffalo" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • CIDADES

    Cidade do estado de Nova York, EE UU, á beira do Lago Erie (310.548 h [1996]). A súa situación na encrucillada de camiños que comunica o sueste de Canadá cos estados do nordeste dos EE UU, permitiu o desenvolvemento comercial e industrial coa utilización da enerxía eléctrica producida nas fervenzas do Niágara, converténdose na segunda cidade do estado e nun importante nó de comunicacións terrestres, fluviais e aéreas (ten aeroporto internacional). Tamén é un centro de ensino superior, sede do Canisius College, fundado en 1870, e do D’Youville College, fundado en 1908. No período precolonial formaba parte do territorio dos iroqueses. Os primeiros europeos que consta que a visitaron foron cazadores franceses e misioneiros xesuítas no s XVII. Tomada polos británicos en 1759, pasou a formar parte dos EE UU ao remate da súa Guerra de Independencia. Durante a Guerra de Secesión foi un lugar de tránsito de fuxitivos cara ao Canadá. En Buffalo foi asasinado o Presidente MacKinley, en 1901.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • William Frederick Cody.

    VER O DETALLE DO TERMO