"Bugallal" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 9.

  • GALICIA

    Político e avogado. Cursou estudios de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en Madrid. En 1859 foi nomeado deputado a Cortes polo partido de O’Donnell e en 1860 fiscal de Facenda da Audiencia de Madrid e fiscal de imprenta, cargos que desempeñou ata 1866. Ao triunfar a revolución de 1868, uniuse á política de Cánovas e converteuse nunha figura importante do partido liberal-conservador, chegando a ocupar os cargos de fiscal do Tribunal Supremo, Ministro de Gracia e Xustiza e Ministro plenipotenciario de España en Lisboa, cargo que exerceu ata a súa morte. Ademais de traballar como avogado, diplomático e político, cultivou a poesía e colaborou na prensa do momento. Foi redactor dos xornais Diario Español e La Época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural do lugar de Bugallal, en Salvaterra de Miño. As súas armas levan, en campo de goles, unha aspa de prata acompañada de catro bugallóns de ouro, abotoados de sinople. A rama de Ponteareas leva as mesmas armas pero cun escudiño de prata, coa cruz florenzada de goles, posto en abismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e político conservador e conde de Bugallal. Licenciado en Dereito pola Universidad de Salamanca, trasladouse a Madrid, onde representou dende 1886 o distrito de Ponteareas e outros distritos da provincia de Ourense (Bande, Ribadavia, Xinzo de Limia e Ourense) nas Cortes. Ocupou os cargos de oficial da subsecretaría de Gracia e Xustiza, gobernador civil de Granada, director xeral de Administración Local, director xeral do Tesouro e fiscal do Tribunal do Contencioso e do Tribunal Supremo. Foi ministro de Instrución Pública en 1902, de Facenda en 1913, 1917 e 1919, de Gracia e Xustiza en 1920, da Gobernación tamén en 1920 e de Economía en 1931; ademais, tralo asasinato de Dato, ocupou a xefatura do goberno de xeito interino en 1921. Foi presidente do Congreso dos Deputados, do Consello de Ministros e xefe do partido liberal-conservador. Así mesmo, foi membro da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación e da Academia de Ciencias Morales y Políticas. Fundou xornais políticos e publicou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, en 1883 trasladouse a Madrid. En 1903 obtivo a súa primeira acta de deputado a Cortes polo distrito de Ponteareas, ao que representou ata 1914, data na que foi elixido deputado por Ourense sen chegar a tomar posesión do cargo. Foi membro numerario da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación, membro correspondente da Real Academia Galega, secretario da Sección de Ciencias Morales y Políticas do Ateneo de Madrid e vicepresidente do Centro Galego de Madrid. Así mesmo, colaborou na prensa galega e madrileña e publicou Dos semblanzas de Cánovas (1898) e Suiza española: paseando por Galicia (1903).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, foi membro da Real Academia Galega e da de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario, así como correspondente da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e do Instituto Português de Arqueologia, História e Etnografia. En 1954 foi galardoado co premio xornalístico Pérez Lugín. Colaborou en distintos xornais e revistas como El Orzán, El Ideal Gallego, Vida Gallega ou Finisterre, e publicou El coloso de Rande (1927), El sentimiento lírico materno en la pintura de Ovidio Murguía (1951), La gaita en Britania (1956), Sofía Casanova: un siglo de glorias y dolores (1964) e Compostela: piedra y alma (1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro. Foi xefe das seccións de cálculo informatizado e de estudo de estruturas de material rodante ferroviario (fábrica de Aytré da sociedade Alsthom) e participou no estudo do Tren de Alta Velocidade francés (TGV). Amais de participar en numerosos congresos e conferencias sobre heráldica, encargouse do estudo dos escudos de numerosos concellos galegos e franceses. En 1981 publicou na revista Hidalguía “Origen y evolución de las armas de Galicia” e “La Bandera de Galicia”. Colaborou nos libros Blasones y linajes de Galicia, Manual de Heráldica española (1974), Heráldica de Pontevedra e no apartado de escudos e brasóns da Gran Enciclopedia Gallega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora. Iniciou a súa formación artística no taller de Dolores Díaz Valiño para posteriormente cursar estudios de Artes Aplicadas en Madrid e asistir por libre á Escuela de Bellas Artes de San Fernando. A súa obra espállase por coleccións particulares de España e do estranxeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido por Real Decreto do 22 de xaneiro de 1896 pola Raíña rexente María Cristina de Habsburgo no nome de Afonso XIII a Adelaida García Flores e Rodríguez, viúva de Saturnino Álvarez Bugallal, ministro de Gracia e Xustiza. O 12 de xullo de 1970 expediuse carta de sucesión a favor de Xosé Ramón Fernández-Bugallal e Barrón. O conde de Bugallal leva as mesmas armas ca os Bugallal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás persoas que contactaban coa poboación para obter votos a favor da familia Bugallal en Ponteareas. Entre eles atopábanse os médicos José Outerelo e León Mosquera, e prestamistas como Manuel Outerelo ou Manuel Alonso Soto, quen recollían cartos dos rendistas forais e dos labregos. En xeral, foron homes que se relacionaban co dominio directo do foro. Tamén participaron os funcionarios do concello e da administración de xustiza.

    VER O DETALLE DO TERMO