"Buron" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 9.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome citado por Ptolomeo e transcrito defectuosamente nalgunha ocasión como Buro. Trátase dunha cidade do convento xurídico lucense que se identificou con algún asentamento situado na vila ou porto de Bares, no concello de Mañón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que procede da vila galega homónima. Unha rama pasou a Castela, fundando casa en Ávila. Leva como armas: en campo de ouro, unha banda de goles, acompañada de cinco veneras de prata, dúas no alto e tres no baixo; bordo de azul con cinco flores de lis de prata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fortificación situada na Pobra do Murón, no concello da Fonsagrada. Antiga fortaleza dos condes de Altamira, está declarada Ben de Interese Cultural desde 1994.
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo eburón.
-
Individuo do pobo xermánico eburón.
-
Pobo xermánico que habitaba o N das Galias, entre os ríos Rin e o Mosa. Mantiñan unha relación de clientelismo cos treviros e, dirixidos por Ambiorix, enfrontáronse cos romanos, pero foron derrotados por Xulio César (53-51 a C). Fusionáronse cos auduacti e formaron a Civitas Tungrorum.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico editado na Fonsagrada entre os anos 1911 e 1913.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello da Fonsagrada baixo a advocación de santa María Madanela.
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito de Brunei (1.305 km2; 9.400 h [estim 1999]). A súa capital é Bangar (2.600 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Peixe cartilaxinoso, da orde dos pleurotremados, que presenta o corpo fusiforme, a cola heterocerca, a boca situada ventralmente e fortes dentes e fendas branquiais laterais.
-
Peixe cartilaxinoso, de ata 2 m de lonxitude, que presenta o corpo moi alongado, delgado e cilíndrico de cor escura e comprimido na parte posterior, cabeza aplanada e boca de gran tamaño, carece de aleta anal e ten 6 fendas branquiais con septos de separación entre elas. Aliméntase exclusivamente de peixes. Vive en augas tropicais e temperadas entre os 100 e 1.300 m de profundidade.
-
2 quenlla.
-
Selacio pleurotremado da orde dos lamniformes duns 12 m de lonxitude. Presenta corpo robusto e fusiforme terminado nunha cabeza cónica, dentes moi grosos triangulares e en forma de serra. Posúe dúas aletas dorsais, a primeira moi grande e a segunda pequena. A coloración é gris apardazada no dorso e zona ventral abrancazada. É moi perigoso pola súa ferocidade e o seu tamaño. Habita en mares cálidos e temperados. Aliméntase de grandes peixes, atúns, tartarugas, focas e delfíns. Ten un sistema sensorial, no fociño, que consiste en pequenos poros que detectan correntes eléctricas de ata cinco milésimas de microvolt e que lle serven para localizar as presas e para navegar.
-
Peixe cartilaxinoso de ata 2 m de lonxitude. Presenta un corpo robusto e cilíndrico, cabeza moderadamente deprimida, quinta fenda branquial abruptamente expandida, espiráculos moi pequenos por detrás dos ollos, boca ampla e arqueada, con pregaduras labiais moi curtas e dentes semellantes en ambas as dúas mandíbulas, moi comprimidos. Amosa dúas pequenas dorsais sen espiñas, máis pequenas ca as pélvicas, sen aleta anal. Ten unha liña lateral ben marcada e grandes dentículos dérmicos sobre o corpo e nas aletas, escasos e espazados, algúns fusionados en láminas con múltiples cúspides. A coloración é parda agrisada no dorso e costados, ás veces con manchas negras, e a rexión ventral máis clara. É unha especie que nada lentamente e habita sobre o fondo mariño, en augas profundas da plataforma continental e declives insulares, nun rango de profundidade de 18 a 900 m. Aliméntase de quenllas, peixes pequenos e cangrexos. Só é relativamente común no Atlántico oriental, especialmente desde o mar do...
-
Peixe cartilaxinoso que pode chegar a medir 2,5 m de lonxitude. Presenta un corpo plano e fusiforme, cabeza moi angosta e aguzada, con sete pares de fendidas branquiais, ollos moi grandes, boca estreita e parabólica, dentes inferiores grandes, de cúspide triangular e algo inclinada, con bordos serrados, en forma de angazo. Amosa unha coloración gris no dorso e no costado, mentres que a zona ventral é clara, aleta dorsal e lóbulo superior da caudal con puntos negros, sen manchas escuras no corpo, ten un gran reberete negro preto do bordo posterior da aleta caudal. Habita no Indopacífico, tanto na costa como no océano, e é común en zonas coralinas. É unha especie de hábitos bentónicos da plataforma continental e insular e parte superior do noiro contiental. É agresivo e aliméntase de peixes óseos, principalmente pescadas e cefalópodos.
-
Peixe mariño, escualiforme, que pode chegar a medir 1,80 m de lonxitude. Presenta corpo delgado e fusiforme, cabeza e tronco relativamente angostos, de aspecto delgado, sen sucos nasais, lóbulos anteriores nasais non expandidos, cos seus extremos próximos á boca e sucos labiais soamente na mandíbula inferior. Amosa a primeira dorsal máis grande ca a segunda, a orixe da primeira dorsal lixeiramente por detrás da inserción das pélvicas, a orixe da segunda dorsal lixeiramente por diante da inserción da anal e o espazo interdorsal algo maior ca a base da anal. A superficie da pel é lisa, con dentículos dérmicos pequenos e aplanados. Especie mesopeláxica demersal, habita en zonas de fango entre os 90 e 1.800 m. Aliméntase de peixes, outros tiburóns, cefalópodos e crustáceos.
-
Especie dos xéneros Isurus e Lamna que pertence á familia dos lámnidos. Sobre todo para designar a especie I. oxyrinchus, marraxo azul, I. paucus, marraxo negro, e L. nasus, marraxo. Son tiburóns de gran tamaño, que alcanzan talles preto dos 5 m de lonxitude, aínda que o normal é que non sobrepasen os 3,80 m. Caracterízanse por ter un fociño cónico, case aguzado, e unha gran similitude a espécimes de tiburón branco cría. Como todos os lámnidos, manteñen unha temperatura corporal lixeiramente superior á do medio, o que lles permite realizar unha dixestión máis rápida.
-
Especie do xénero Sphyrna que pertence á familia dos esfírnidos. Entre elas, S. couardi, peixe martelo de aletas brancas, S. lewini, cornuda común e S. zygaena ou peixe martelo ou cornuda cruz. Sobre todo, utilízase para designar a especie S. mokarran, tiburón martelo ou cornuda xigante. Son tiburóns de fociño ancho, aplanado e en forma de martelo ou mazo, característica que fai que se distingan do resto de tiburóns. Presentan os ollos e orificios nasais nos extremos da cabeza, que mediante constantes oscilacións, de lado a lado, obteñen unha vista panorámica do seu contorno. Amosan uns ollos cunha membrana nictitante altamente desenvolvida e unha válvula espiral de forma cilíndrica. A coloración no dorso varía desde verde oliva escuro ata gris acastañado, mentres que a zona ventral é abrancazada. Aliméntanse de peixes de estrutura ósea, raias e outros tiburóns. Habitan as mornas augas costeiras de todo o mundo, emigran a augas máis frías no...
-
Peixe cartilaxinoso que pode acadar ata os 9 m de lonxitude, aínda que o normal é que mida entre 4 e 7 m e pese arredor de 3 toneladas. Ten os ollos redondos, o fociño curto, ancho e romo, presenta un pequeno espiráculo ou abertura detrás do ollo que lle subministra sangue rico en osíxeno directamente aos ollos e ao cerebro. Presenta unha aleta caudal longa cun lóbulo superior máis apuntado e con bordos de reforzo a cada lado. É un magnífico predador debido á gran mandíbula e aos dentes curvos e serrados que posúe. A coloración é variable coa idade, de crías teñen manchas entre grises e negras e co tempo vanse convertendo en raias parecidas ás dos tigres. Con frecuencia, as raias van desaparecendo coa idade aínda que poden permanecer ao redor da cola. A cor dos tiburóns adultos pode variar desde gris verdosa ou azulada ata negra na parte superior e desde gris clara ata parda clara ou branca na parte inferior. Aliméntase de cangrexos, mamíferos mariños, luras e moitas especies de peixes...
-
...
-
-
ILLAS
Illa do golfo de California, situada ao NO de México, preto das costas do estado de Sonora, ao que pertence e do que está separada polo estreito do Infiernillo.
VER O DETALLE DO TERMO