"Bustelo" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
-
Diminutivo do apelido galego Busto.
-
Liñaxe que leva como armas: en campo de sinople, cinco cornos de pólvora da súa cor, postos en aspa.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Quiroga baixo a advocación de santa Bárbara.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Política. Licenciada en Ciencias Políticas pola Universidad Complutense de Madrid. Dirixiu o Instituto de la Mujer dende a súa creación en 1983 ata 1989. Foi subsecretaria do ministerio de Asuntos Sociais e membro do comité da ONU en contra da discriminación da muller. É autora de Reflexiones sobre mujer y feminismo (1977) e Una alternativa feminista (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Estudiou enxeñería de camiños en Madrid. Iniciou a súa andaina política como procurador en Cortes (1971-1975) e, nos primeiros gobernos da transición, foi ministro de Comercio (1975-1976) e de Obras Públicas (1976-1977). Foi un dos fundadores da Unión de Centro Democrático (UCD), gañadora nas eleccións xerais de 1977, e ocupou a carteira de Relacións coa CEE (1978-1980) e a vicepresidencia para Asuntos Económicos (1980-1981). Trala moción de censura presentada contra Adolfo Suárez, accedeu á presidencia do goberno (1981-1982). Entre 1977 e 1986 foi deputado por Madrid no Congreso de los Diputados. Foi membro do Parlamento europeo de 1986 a 1987. Publicou Memoria viva de la transición (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso franciscano. Pertenceu aos relixiosos exclaustrados e reincorporouse á provincia de Santiago (1891). Publicou Diálogo entre una protestante y una católica, en que se declara la falsedad de la Iglesia Anglicana o del Estado, con la historia de su origen y los principios fundamentales del Catolicismo. Con una carta a una protestante (1877).
VER O DETALLE DO TERMO