"CIG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 60.

  • encrucillado

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non forma parte dunha parella ou que non ten igual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada da palabra grega ἄ ζυγος, que significa ácigo ‘impar, sen igual’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula orixinada por fecundación dentro do proceso de auxosporulación. Unha grande parte das auxosporas das diatomeas corresponden a auxocigotos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Confederación Intersindical Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Crustáceo de corpo alongado e aplastado de ata 24 cm de lonxitude, de cor rosada e con franxas de cor avermellada. Presenta un cefalotórax pequeno e duro con ollos grandes, antenas máis longas ca o corpo e anténulas bífidas. As pinzas de puntas arqueadas son longas, aplanadas e con tres ringleiras de espiñas curtas e grosas; o segundo e o terceiro par de patas remata nunhas pequenas pinzas e o cuarto e o quinto en unllas. Son sexualmente maduros aos 4 ou 5 anos e as postas, duns 4.000 ovos, teñen lugar en anos alternos. A femia porta os ovos durante nove meses, tralos que nacen larvas de tipo mysis que forman parte do plancto durante unhas 3 semanas. Logo baixan a fondos brandos situados entre os 200 e os 400 m. Son depredadores nocturnos que pasan o día agachados en fendas ou enterrados baixo a lama onde furan tobos, aínda que tamén se poden manter cos ollos pedunculados por riba do substrato. Distribúese polo Atlántico oriental, dende Islandia ata Marrocos e polo Mediterráneo....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Valladolid, Castela e León, drenado polo río Pisuerga (2.620 h [1996]). Os principais recursos económicos son a agricultura (cereais, patacas, viña) e a gandería lanar. Ten gran tradición a elaboración de viños claretes que están protexidos coa Denominación de Orixe Cigales.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera cousa de pouca importancia, moi pequena ou que non ten valor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Porción de comida que levan as aves no peteiro para as súas crías.

    2. Cousa escasa, de pouco valor ou de pouca importancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anaco de comida que os paxaros transportan co seu bico para alimentar as súas crías.

    2. Cousa pequena ou que carece de valor e importancia.

    3. Anaco de comida de tamaño moi pequeno, principalmente pan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Insecto da familia dos cicádidos da orde homóptera. Cando é adulto caracterízase por posuír un corpo groso e escuro que, dependendo da especie, acada un tamaño de entre 10 e 180 mm, unha cabeza grande, provista dun longo peteiro que mantén nunha posición baixada cando non se alimenta, dous pares de ollos compostos e, entre eles, tres ollos sinxelos ou ocelos dispostos en triángulo; dous pares de alas membranosas e aptas para o voo que manteñen pregadas ao longo do corpo cando non fai uso delas, o primeiro é transparente e o dobre de longo que o segundo. Os machos producen unhas estridulacións, especialmente os días calorosos, mediante a vibración que ten lugar nunhas membranas con sucos que presentan nos costados do abdome e que se ve amplificada mediante unhas cavidades de resonancia tamén abdominais. Estes sons teñen, fundamentalmente, unha función de reclamo sexual. Para o home pode variar entre os 120 decibelios, o que supón acadar o limiar da dor e escoitarse nun raio de máis de 1...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista quincenal que se editou na vila de Redondela co subtítulo de “Periódico literario”. Foi dirixida por A. Adán a partir de 1912.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • XACEMENTOS

    Xacemento arqueolóxico ibérico localizado preto de Mula (Murcia). Está constituído por un santuario, do que proceden numerosas esculturas de pedra que representan principalmente cabalos, unha necrópole dos ss IV-III a C e un poboado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequena caixa ou estoxo para gardar cigarros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que fai puros ou que os vende. Ex: Os cigarreiros están en folga e non acudiron á fábrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rolo de follas de tabaco que se acende por un extremo e se fuma polo outro.

    2. Porción de tabaco picado e envolto nun papel fino para fumar. Na tradición popular recóllense ditos como: “Cigarro de guapo, moito papel e pouco tabaco”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rolo de follas de tabaco que se acende por un extremo e se fuma polo outro.

    2. Porción de tabaco picado e envolto nun papel fino para fumar. Na tradición popular recóllense ditos como: “Cigarro de guapo, moito papel e pouco tabaco”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máscara do entroido galego, tamén coñecida como peliqueiro, típica da zona de Verín e Laza. Aínda que os dous nomes se utilizan en ambas as dúas localidades, é en Verín onde tenden a empregar cigarrón, e en Laza onde escollen a forma peliqueiro. Tradicionalmente estas máscaras simbolizan a xuventude, a masculinidade e, sobre todo, a subversión da norma: a liberdade e o exceso. O cigarrón golpea a xente cun látego (formado por un mango, unha argola e unha pértega de badana) ou cun pau terminado nunha vexiga, levanta as saias ás rapazas e obriga a quen captura a convidalo a viño. Non obstante , non se pode tocar o cigarrón, a única defensa permitida é o insulto; por iso, o cigarrón mantén a súa identidade no anonimato para que os seus defectos e as súas fraquezas non sexan revelados en público. Taboada Chivite recolle unha lenda que fai dos cigarróns os encargados polos condes de Monterrei de cobrar os impostos. González Reboredo interpreta o cigarrón como unha representación da...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mansión romana situada no lugar homónimo, no concello da Rúa, coñecida nas fontes clásicas co nome de Foro. Algúns autores identifícana coa Calubrica ou Forum Gigarrorum, oitava mansión da vía 18 de Braga a Astorga.

    VER O DETALLE DO TERMO