"COAG" (Contén)

Mostrando 17 resultados de 17.

    1. Que evita a coagulación.

    2. Axente que inhibe a coagulación do sangue ao interferir algún dos seus mecanismos. No plasma sanguíneo existen diversos anticoagulantes, como a antitromboplastina, a antitrombina, etc. Ademais destes anticoagulantes producidos polos organismos, existen outros de diversa procedencia, empregados en farmacia, como por exemplo, o oxalato e o citrato sódicos, e a heparina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno polo que o soro do sangue de pacientes afectados dunha determinada doenza infecciosa é capaz de aglutinar, amais dos microorganismos responsables desta doenza, outros xermes diferentes. Este fenómeno débese á existencia de antíxenos comúns a microorganismos de diferentes xéneros ou especies.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capaz de coagularse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proceso polo que se altera a fase dispersa dun sistema coloidal ou o sólido disolto dun sistema líquido, que ocasiona a separación do sistema nunha fase líquida e nunha masa insoluble xelatinosa. Pódese conseguir por quentamento, por adición de compostos químicos, por adición de enzimas, etc.

    2. Proceso de formación dun coágulo sanguíneo. É unha fase da hemostase que consiste na transformación do fibrinóxeno en fibrina, grazas á trombina, que é un enzima proteolítico formado pola activación da protrombina. Neste proceso interveñen, ademais do fibrinóxeno, a protrombina e a trombina, unha serie de elementos coñecidos como factores de coagulación. Na formación do coágulo pódense distinguir dúas fases. Na primeira fase, ten lugar a conversión da protrombina en trombina, que se pode realizar por dous sistemas: o intrínseco ou sanguíneo, que se inicia pola activación do factor XII, e o extrínseco ou hístico, que se produce cando hai unha lesión dos tecidos e se inicia coa penetración do factor III no torrente circulatorio. O produto das dúas vías é a protrombinasa que, en presenza de calcio, actúa sobre a protrombina e a transforma en trombina. Na segunda fase a trombina actúa sobre o fibrinóxeno e convérteo en fibrina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que facilita ou produce a coagulación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. coagulador.

    2. Fármaco que provoca ou acelera a coagulación do sangue extravasado. Os coagulantes máis empregados son a vitamina K, os sales de calcio e a auga osixenada, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que un sistema coloidal ou líquido presente coagulación.

    2. Converterse un líquido en sólido. OBS: É unha palabra de uso técnico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enzima producido pola maioría dos estafilococos patóxenos que coagula o sangue, en presenza dun factor de activación normalmente existente no soro. Constitúe un método para diferenciar os estafilococos patóxenos dos saprófitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Masa coagulada. OBS: É unha palabra de uso técnico.

    2. Masa vermella de consistencia friable, integrada polos elementos sanguíneos aglutinados polo proceso de coagulación. Está constituído por unha rede de fibrina que engloba os eritrocitos, os leucocitos e as plaquetas. Sofre un proceso de retracción grazas a un enzima segregado polas plaquetas, indispensable para a liberación do soro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación xeral de todas as alteracións ou déficits dos factores da coagulación. Pode ser hereditaria, como a hemofilia, ou adquirida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. olver líquido o que está coagulado. OBS: É unha palabra de uso técnico.

    2. Converterse en líquido o que estaba coagulado. OBS: É unha palabra de uso técnico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de electroterapia que emprega a calor dun electrodo puntiforme polo que se fai pasar unha corrente de alta frecuencia para a destrución de tecidos anormais, sobre todo tumorais, para deter hemorraxias e como anestésico local. Tamén se coñece como diatermia cirúrxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método terapéutico que se basea na produción de coagulacións localizadas nos tecidos pola conversión en calor dun feixe luminoso, procedente dunha lámpada de xenon ou de argon ou dun láser, sobre unha área moi reducida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non se pode coagular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos basidiomicetos, da familias das agaricáceas, que presenta o sombreiro liso, xeralmente branco, e láminas libres. En Galicia atopamos as especies L. bresadolae e L. leucothites, ambas as dúas en outono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anticorpo que pode aglutinar os leucocitos.

    VER O DETALLE DO TERMO