"Calais" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Monumento de bronce, obra de Auguste Rodin, realizada entre 1885-1895 en Calais. Foi unha obra encargada polo concello e representa os seis burgueses que se entregaron ao Rei de Inglaterra para salvar a cidade. Un baleirado desta obra consérvase en Londres nos Victoria Tower Gardens.
-
CIDADES
Cidade do departamento do Pas-de-Calais, Francia, á beira do paso de Calais (75.309 h [1990]). É porto de tránsito entre Francia e o Reino Unido e, polo tanto, o primeiro porto de pasaxeiros de Francia. A cidade, que formaba parte dos territorios dos condes de Flandres, destacaba xa polo seu porto dende finais do s X. Fortificada polo conde Filipe de Boulogne en 1224, foi asediada e conquistada polos ingleses en 1347 e recuperada polos franceses, dirixidos por Francisco de Lorena, duque de Guisa, no 1558. Posteriormente, Filipe II ocupouna de novo en 1596 e retornou ao dominio francés en 1598, a través do Tratado de Vervins. Na Segunda Guerra Mundial foi invadida polas tropas alemanas dende 1940 ata 1944. Consérvanse algúns edificios importantes da época medieval: como a igrexa gótica de Notre-Dame (ss XIV-XVI) ou a torre Du Guet (s XIII).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estreito situado entre Francia e o Reino Unido que comunica o canal da Mancha co mar do Norte. Esténdese desde as costas inglesas (cabo Dungeness) ata as francesas (cabo de Gris-Nez), cunha anchura de 32 km e unha profundidade máxima de 72 m. As dúas costas están unidas cun túnel submarino inaugurado en 1994.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado que firmaron en Calais en 1360, Xoán II de Francia e Eduardo III de Inglaterra, sobre a base da Paz de Brétigny, que puxo fin á primeira fase da Guerra dos Cen Anos. Eduardo III renunciou á coroa francesa e a diversas posesións en Francia e Flandres; foille adxudicada Aquitania, os condados de Guines e de Ponthieu (incluído o condado de Montreuil), Calais, Sangatte e Ham. Xoán II, prisioneiro dos ingleses, acordou pagar tres millóns de escudos de ouro por recuperar a súa liberdade. O tratado non se levou a cabo e Xoán II morreu no cativerio.
-
REXIÓNS
Rexión administrativa de Francia (12.414 km2; 3.996.588 h [1999]). A súa capital é Lille.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento da rexión administrativa Nord-Pas-de-Calais, Francia (6.672 km2; 1.441.568 h [1999]). A súa capital é Arras.
VER O DETALLE DO TERMO