"Calama" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • CIDADES

    Cidade da rexión de Antofagasta, Chile, á beira do río Loa, preto da fronteira con Bolivia (121.326 h [1997]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbas da familia das poáceas, de inflorescencia en panícula pouco densa, cunha soa flor provista de aresta en cada espiguiña. No sueste de Galicia están presentes dúas especies: C. arundinacea, en bosques, e C. pseudopragmites, en ambientes húmidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Molusco cefalópodo dibranquio, da orde dos teutoideos, que presenta o corpo alongado e de tamaño medio. Posúe unha cuncha córnea moi semellante a unha pluma, situada dentro do manto e en posición dorsal; as dúas aletas, que son triangulares, están situadas a cada lado do corpo, e chegan ata a metade do manto. Os adultos teñen glándulas velenosas, que actúan xunto cos potentes brazos como ventosas, que utilizan para inmovilizar e capturar as súas presas; a glándula da tinta sérvelles para escurecer a auga cando se ven perseguidos. Efectúan migracións estacionais de área reducida. Comprenden diversas especies mariñas, litorais e peláxicas.

      2. lura común [Loligo vulgaris, Fam dos lolixínidos]

        Molusco cefalópodo mariño, da orde dos teutoideos, de corpo alongado, con oito brazos e dous tentáculos moito máis longos ca estes, dúas aletas triangulares na parte posterior e unha cuncha interior en forma de cuña, delgada e transparente. Ten unha bolsa interna onde acumula unha substancia negra denominada borra, que lle serve para escurecer a auga e evitar que o vexan e que se utiliza como condimento nalgunhas preparacións culinarias.

      3. lura pota

        lura pota.

      4. lura xigante

        Cefalópodo do xénero Architeuthis, da familia dos architéutidos, de ata 15 m de lonxitude e con ollos xigantescos de ata 25 cm de diámetro, que vive a profundidades de ata 1.000 m e que se alimenta de peixes e outros cefalópodos e son depredados por os cachalotes.

    1. Moco que pinga do nariz. OBS: Adoita empregarse en plural.

    2. Termo da verba dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘onza (de ouro)’.

    VER O DETALLE DO TERMO