"Calisto II" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • PERSOEIRO

    Papa (1119-1124), de nome Guido de Borgoña. Era fillo do conde Guillerme de Borgoña. En 1088 nomeárono arcebispo de Viena. Defensor da reforma eclesiástica, opúxose a Enrique V na Querela das Investiduras. Elixido papa o 1 de febreiro de 1119 en Cluny, convocou o concilio de Reims, condenou as investiduras e excomungou a Enrique V e o antipapa Gregorio VIII. Asinou o Concordato de Worms o 23 de setembro de 1122 que puxo fin á Querela das Investiduras, documento que se ratificou no primeiro Concilio de Letrán, en 1123. Atribúeselle a autoría do Liber Sancti Iacobi ou Códice Calixtino, manuscrito en latín do s XII, unha guía de peregrinos do Camiño de Santiago que se conserva na catedral compostelá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1455-1458), de nome Afonso de Borja. Pertencía a unha familia da pequena nobreza. Uxío IV nomeouno cardeal en 1444 e elixírono papa en 1455. A raíz da toma de Constantinopla polos turcos (1453), intentou organizar unha gran cruzada. Recuperou Belgrado (1456), e coa axuda de Afonso V de Aragón liberou Albania (1457). Durante o seu pontificado tivo lugar o proceso de rehabilitación de Xoana de Arco.

    VER O DETALLE DO TERMO